Limnea

xénero de moluscos
(Redirección desde «Lymnaea»)

As limneas [1] son moluscos gasterópodos de auga doce pertencentes ao xénero Lymnaea da familia Lymnaeidae

Cuncha de Galba truncatula.
Cuncha de Lymnaea auricularia .

Alimentación editar

As limneas aliméntanse principalmente de algas microscópicas e bacterias que proliferan nas plantas acuáticas. Tamén consomen algas ou biopelículas que se forma na superficie de augas eutróficas estancadas, e mesmo residuos orgánicos ou plantas acuáticas cando non teñen outro recurso dispoñible.

Reprodución editar

As limneas para emparellaren superpóñense e cada unha fecunda á que se coloca inmediatamente debaixo dela. Cada limnea pon nunha planta ou nunha parede uns cincuenta ovos adhesivos, viscosos, transparentes e agrupados en cápsulas de 3 a 5 cm de longo. A posta pódese repetir cada cada dous días no verán. Uns dez días despois da posta, as limneas novas rachan a membrana que os mantén cativos. Dispérsanse e medran bastante rápido se o ambiente é favorable. Cada mes a súa cuncha medra nunha estría ata chegar ó talle adulto, constituído por sete estrías.

Respiración editar

Do mesmo xeito que os caracois terrestres, as limneas teñen un pulmón, pero non dispoñen de ningún órgano que lles permita respirar na auga. Así, aínda que son de hábitat principalmente acuático, deben subir regularmente á superficie para respirar. A limnea achégase á superficie, chantada nunha planta acuática e no seu flanco, ábrese un sifón (un tubo que fai de respiradoiro) que lle permite renovar o aire dos seus pulmóns.

Parasitos editar

Como outros moluscos acuáticos, a limnea alberga parasitos. En particular, vehicula un dos estadios de desenvolvemento da fasciola hepatica[2], a distomatose hepática, de parasitos do xénero Trichobilharzia que teñen como anfitrión final o pato.

Especies editar

  • Lymnaea atkaensis, Dall, 1884
  • Lymnaea auricularia, Linnaeus, 1758
  • Lymnaea columella
  • Lymnaea emarginata, Say
  • ! Lymnaea ovata sin. Limneus ovatus Draparnaud, 1805 - Nome actual  : Radix balthica sin. Radix ovata (Draparnaud, 1805)
  • Lymnaea palustris (= Stagnicola palustris ), OFMüll., 1774
  • ! Lymnaea peregra, OFMüll., 1774 - Nome actual  : Radix peregra sin. Radix labiata (Rossmässler, 1835)
  • Lymnaea stagnalis , (Linneo, 1758)
  • Lymnaea tomentosa tomentosa Pfeiffer, 1855
  • Lymnaea tomentosa hamiltoni Dall, 1956
  • ! Lymnaea truncatula - Nome actual  : Galba truncatula
  • Lymnaea vulnerata Küster, 1862

Notas editar

  1. "Limnea". DIGALEGO
  2. Y-J Golvan (1983) Eléments de parasitologie médicale, Flammarion, p. 144-145