Basilio III de Rusia

Basilio III Ivánovich ou Basilio III de Moscova (en ruso: Василий III Иванович), nado o 25 de marzo de 1479 e finado o 3 de decembro de 1533, foi Gran Príncipe de Moscova entre 1505 e 1533. Fillo de Iván III de Moscova e Sofía Paleóloga, foi cristianizado co nome de Gavriil ou Gabriel (Гавриил en ruso).[1]

Modelo:BiografíaBasilio III de Rusia

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(cu) Василї Іѡанновичъ Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de marzo de 1479 Editar o valor en Wikidata
Moscova (Gran Ducado de Moscova) Editar o valor en Wikidata
Morte3 de decembro de 1533 Editar o valor en Wikidata (54 anos)
Moscova (Gran Ducado de Moscova) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral do Arcanjo São Miguel (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Sovereign of all Russia (en) Traducir
27 de outubro de 1505 – 4 de decembro de 1533
← Iván III de RusiaIván IV de Rusia →
Gran Príncipe de Moscova
1502 – 1505
← Dmitry Ivanovich (en) TraducirSupresión do cargo →
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónestadista Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloGrand Duke of Vladimir (en) Traducir
Gran Príncipe de Moscova Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía Rurícovich Editar o valor en Wikidata
CónxuxeElena Glinskaya (1527 (Gregoriano)–1533), morte da persoa
Solomonia Saburova (1505 (Gregoriano)–) Editar o valor en Wikidata
FillosGeorgy Vasilyevich
 () Solomonia Saburova
Iván IV de Rusia
 () Elena Glinskaya
Yuri of Uglich
 () Elena Glinskaya Editar o valor en Wikidata
PaisIván III de Rusia Editar o valor en Wikidata  e Sofía Paleóloga Editar o valor en Wikidata
IrmánsHelena de Moscou
Andrey of Staritsa
Ivan the Young
Yury Ivanovich
Dimitri Ivanovitch
Simeon, Duke of Kaluga Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEncyclopædia Britannica
Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947)
Enciclopedia militar Sytin Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Ivanovich-4

Política exterior

editar

Basilio III continuou a política do seu pai Iván III e a maior parte do seu reinado empregouno en consolidar os logros obtidos polo seu predecesor. Basilio anexionou ao principado de Moscova as últimas provincias autónomas: Pskov en 1510, Volokolamsk en 1513, o principado de Riazán en 1521 e o Principado de Nóvgorod-Síverski en 1522.

Basilio aproveitou a difícil situación de Sexismundo I Jagellón o Vello, gran duque de Lituania e rei de Polonia, para capturar a cidade de Smolensk, a gran fortaleza oriental de Lituania en 1512, principalmente grazas á axuda do rebelde lituano, o príncipe Miguel Glisnki, quen proporcionou a Basilio artillaría e enxeñeiros para o asalto. A perda de Smolensk foi un importante golpe dado por Moscova en Lituania no contexto das Guerras moscovita-lituanas e só as esixencias de Sexismundo levárono a aceptar a súa rendición en 1522.

Basilio tamén tivo éxito nas accións emprendidas contra o khanato de Crimea. A pesar de que en 1519 viuse obrigado a subornar ao Khan de Crimea, Mehmed I Giray, en fronte mesmo das murallas de Moscova, cara ao final do seu reinado logrou impor a influencia rusa na zona do Volga. En 1531-1532 colocou ao pretendente Cagali no trono do khanato de Kazán.

Política interna

editar
 
A Igrexa da Ascensión de Kolómenskoye foi construída por Basilio III para conmemorar o nacemento do seu herdeiro.

En canto á súa política interna, Basilio III gozou o apoio da igrexa no seu pulso coa nobreza. En 1521 o bispo metropolitano de Moscova, Varlaam, foi desterrado por rexeitar participar na loita de Basilio contra o príncipe Basilio Ivanovich Shemiachich. Os príncipes ruríkidas Basilio Shúiski e Iván Vorotynski foron obrigados a exiliarse. O diplomático e home de estado, Iván Bersen-Beklemíshev, foi executado en 1525 por criticar as políticas de Basilio. Máximo o Grego, Vasián Patrikeyev e outros críticos coas súas políticas correron a mesma sorte entre 1525 e 1531. Durante o reinado de Basilio III, a baixa e media nobreza aumentou e as autoridades tentaron limitar o límite da inmunidade e privilexios dos boiardos e a nobreza.[1]

O principal problema de Basilio III foi a falta de herdeiro. En 1526, a pesar da forte oposición do clero, divorciouse da súa esposa Solomonia Iurievna Saburova, que era estéril, e casou coa princesa Helena Vasilievna Glinskaia, filla dunha princesa serbia e sobriña de Miguel Glinski. Finalmente, a nova esposa de Basilio deulle un fillo, que reinaría como Iván IV, o Terrible. Segundo unha lenda, Solomonia Sabúrova tivo un fillo tras ser internada nun convento poucos meses despois do controvertido divorcio.[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 Troyat, Henri (1993). Ivan le terrible (en francés). ISBN 2-08-064473-4. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar