Avelino Ramos

empresario e filántropo galego

Avelino Ángel Ramos López, nado en Parada (Silleda) o 21 de xuño de 1940 e finado en Lalín o 2 de decembro de 2023,[1][2] foi un empresario e filántropo galego.[3]

Infotaula de personaAvelino Ramos
Biografía
Nacemento21 de xuño de 1940 Editar o valor em Wikidata
Parada, España Editar o valor em Wikidata
Morte2 de decembro de 2023 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Lalín, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Negocios na emigración

editar

Marchou moi novo a Latinoamérica e Estados Unidos. Pola década de 1970, ergueu unha fábrica de produtos de limpeza que operaba coa marca "Mistolín", en Caracas. Dende alí, ampliou as operacións á República Dominicana, Panamá, Porto Rico e Florida, nos Estados Unidos[1] e ampliou os negocios a outras áreas como a comida rápida.

Retorno a Galiza

editar

Coa fortuna conseguida, retornou a España, radicouse na comarca de Deza e, no 1988, fundou Productos Disiclín SA en Siador da que, no 2010, se separou e cedeu a xestión a un neto do seu irmán, Antonio.[1] Tamén enfrontou outros negocios como a creación dun hotel que, ao non podelo realizar en Lalín, acabou por construír en Silleda no 2002, e ao que lle puxo o nome da súa filla, Katiuska.[4] O montante do investimento supuxo máis de 900 millóns de pesetas da época.[5] Na inauguración, o 12 de xuño de 2003, estivo Manuel Fraga, daquela presidente da Xunta de Galicia.[1] En xullo de 2021, foi alugado a Hotusa que o explota baixo a marca Exe.[1]

Filantropía

editar

O seu mellor mellor exemplo de filantropía, foi a doazón de 200 000 euros para a construción dunha residencia da terceira idade en Silleda.[1][4][6][7]

Enfermidade

editar

A comezos de 2022, sofreu tres ictus nun período de catro meses.[6]estando na República Dominicana.[4] Conseguiu recuperarse pero tamén contraeu a enfermidade de Alzhéimer e morreu a finais de 2023 por mor dunha pneumonía.[1]

Vida persoal

editar

Casou con María Sofía Gómez Lorenzo, orixinaria de Santiago de Lebozán en Lalín, e tiveron unha única filla, Katiuska Ramos Gómez.

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Salgueiro, Xan (4 de decembro de 2024). "El emigrante filántropo que nunca se olvidó de su tierra". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 17 de xaneiro de 2024. 
  2. "AVELINO ANGEL RAMOS LÓPEZ". esquelas.de-galicia.com (en castelán). Consultado o 17 de xaneiro de 2024. 
  3. Redacción (5 de decembro de 2023). "Pesar en Silleda por el fallecimiento de Avelino Ramos". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 17 de xaneiro de 2024. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Salgueiro, Xan (3 de decembro de 2023). "Silleda despide al empresario Avelino Ramos". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 17 de xaneiro de 2024. 
  5. Redacción (24 de abril de 2001). "Ramos continuará adelante con el proyecto del hotel Katiuska". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 17 de xaneiro de 2024. 
  6. 6,0 6,1 Soutelo, Salomé (11 de xullo de 2023). "Avelino Ramos da otra lección de vida". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 17 de xaneiro de 2024. 
  7. V., P. (8 de setembro de 2012). "Un silledense dona 200.000 euros para construir la residencia". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 17 de xaneiro de 2024.