Aspazija

poetisa letoa

Elza Johanna Emilija Lizete Pliekšāne, nada como "Elza Rozenberga" en Jelgava (Zemgale) o 16 de marzo de 1865 e finada en Jūrmala o 5 de novembro de 1943, foi unha poeta e dramaturga letoa, máis coñecida co pseudónimo de Aspazija. Aspazija é a transliteración ao letón de Aspasia.

Infotaula de personaElza Johanna Emilija Lizete Pliekšāne

A poeta Aspazija.
Nome orixinal(lv) Johanna Emīlija Lizete Rozenberga Editar o valor em Wikidata
Biografía
NacementoElza Rozenberga
1865
Jelgava, Letonia
Morte1943
Jūrmala, Letonia
Lugar de sepulturaRainis Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Deputy of Saeima (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeLetoa
Actividade
Campo de traballoPoesía Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Riga Editar o valor em Wikidata
OcupaciónEscritora, poeta, tradutor, dramaturgo
Xénero artísticoPoesía Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua letoa e lingua alemá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJānis Pliekšāns
Premios

Musicbrainz: de1d1418-633b-493b-ba44-3db34516ebe2 Discogs: 2367820 Find a Grave: 182121948 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu no seo dunha familia acomodada con terras para o cultivo en propiedade en Zemgale, na parroquia de Daukšas, en Zaļenieki. Estuda na escola primaria Zaļaismuiza, na escola primaria feminina Jelgava Dorothea e no Gymnasium feminino da Trindade de Jelgava (1874-1884), curso superior que non rematou, abandonando a piques de celebrar a súa graduación. A autora foi unha apaixonada pola literatura e poesía alemá da época, escribindo os seus propios poemas nesa lingua con 14 anos.[1].

Cos anos o seu interese pola literatura medra ata integrarse no movemento letón da «nova corrente» (en letón: Jaunā strāva), onde coñecerá a un dos seus líderes, Jānis Pliekšāns (máis coñecido como Rainis), editor de xornal, poeta e avogado. Comezan unha relación que culmina no seu casamento en 1897, tralo cal sofren un exilio causado polo conflito do seu país con Rusia que os levará a vivir en Lituania e Suíza. Coa fin da primeira guerra mundial e a consecuente independencia de Letonia, a parella regresou ao país, momento a partir do cal Aspazija comezou a colaborar co movemento feminista. A autora afiliouse ao Partido Socialdemócrata Obreiro Letón e asistiu a tódalas sesións da Saeima desde 1920 a 1934.

Durante o período do seu exilio ata o seu retorno, a parella traduciu unha gran cantidade de obras da literatura alemá ao letón, como o traballo de Johann Wolfgang von Goethe, e Aspazija en solitario traduciu obras de Henryk Sienkiewicz e do poeta austríaco Robert Hamerling. En colaboración co seu marido durante a Revolución de 1905, Aspazija participou activamente no apoio a diversos movementos sociais, sendo considerado o seu drama Silueta líquida unha arenga con grande impacto no espertar do espírito nacional e de independencia letón.

Obra editar

Teatro editar

  • Atriebēja (1887)
  • Vaidelote (1894)
  • Zaudētās tiesības (1894)
  • Ragana (1895)
  • Neaizsniegts mērķis (895)
  • Zeltīte (1901)
  • Sidraba šķidrauts (1905)
  • Aspazija (1923)
  • Boass un Rute (1925)
  • Torņa cēlājs (1927)
  • Zalša līgava (1928)
  • Jānis Ziemelis (1931)
  • Pūcesspieģelis (1932)
  • Velna nauda (1933)

Poesía editar

 
Casa da poeta na cidade costeira de Jūrmala.
  • Sarkanās puķes (1897)
  • Dvēseles krēsla (1904)
  • Saulainais stūrītis (1910)
  • Ziedu klēpis (1911)
  • Izplesti spārni (1920)
  • Raganu nakts (1923)
  • Trejkrāsaina saule (1926)
  • Asteru laikā (1928)
  • Dvēseles ceļojums (1933)
  • Kaisītās rozes (1936)
  • Zem vakara zvaigznes (1942)

Prosa editar

  • No atzīšanas koka (1919)
  • Zila debess (1924)
  • Zelta mākoņi (1928)
  • Rudens lakstīgala (periodikā 1933. gadā)

Artigos en prensa editar

  • Raksti (1904)
  • Raksti (1910)
  • Kopoti raksti (1920—1924)
  • Mana dzīve un darbi (1931—1940)
  • Raksti (1963—1971)
  • Raksti (1985—1988)

Traducións editar

Notas editar