Cárites

deidades da mitoloxía grega
(Redirección desde «As tres Grazas»)

Na mitoloxía grega, as Cárites (en grego antigo Χάριτες Chárites), máis coñecidas como as tres Grazas (en latín Gratiae), eran as deusas do encanto, a beleza, a natureza, a creatividade humana e a fertilidade.

As tres Grazas, pintura de Rubens

Habitualmente considéranse tres, da menor á maior: Pasítea ("a beleza"), Eufrósine ("o xúbilo") e Talía ("a abundancia").

As Cárites considerábanse fillas de Zeus e Eurínome, aínda que tamén se dicía que eran fillas de Hera e Dioniso, ou de Helios e la náiade Egle.

Homero escribiu que formaban parte do séquito de Afrodita.

As Cárites estaban asociadas así mesmo co inframundo e os misterios eleusinos.

O río Cefiso, cerca de Delfos, estaba consagrado a elas, e tiñan as súas propias festividades, as Caritesias ou Carisias, que eran as festas de "Acción de Grazas", nas que se celebranaa o banquete "Charistía", no que se comía torta de mel en honor das Cárites.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar