Pasítea (mitoloxía)
Na mitoloxía grega, Pasítea (en grego antigo Πασιθέα Pasithea, "relaxación"), era unha das Cárites (en grego antigo Χάριτες), máis coñecidas como as tres Grazas, e era a personificación da relaxación, a meditación, as alucinacións e todos os demais estados alterados da conciencia.
Adoita dicirse que estas tres deidades eran fillas de Zeus e Eurímone, pero segundo o poeta Nono de Panópolis era filla de Hera,[1] e de Dioniso.[2]
Familia
editarPasítea estaba casada con Hipnos, o deus do sono.[3]
As súas irmás eran Aglaia ("a resplandecente"), Eufrósine ("a alegría") e Thalía ("a florecente"). Na mitoloxía romana coñecíanse como as Gratiae, as "Grazas".
No libro 14 da Ilíada de Homero, Pasítea era unha das Cárites máis xoves. Hera prometeuna en matrimonio a Hipnos, o deus do sono a cambio dun favor: se o axudaba a dormir a Zeus.
Outra Pasítea
editarSegundo Hesíodo, Pasítea era tamén o nome de unha das Nereidas.[4]