Arlie R. Slabaugh

Numismático estadounidense


Arlie R. Slabaugh, nado o 26 de abril de 1925 en Virxinia Occidental e finado o 26 de setembro de 2007, foi un escritor e investigador numismático estadounidense.

Infotaula de personaArlie R. Slabaugh
Biografía
Nacemento26 de abril de 1925
Condado de Preston, Virxinia Occidental.
Morte26 de setembro de 2007 (82 anos)
Datos persoais
País de nacionalidade Estadounidense
Actividade
OcupaciónNumismático.

Traxectoria editar

Arlie Slabaugh naceu nunha granxa próxima a Eglon, no condado de Preston, Virxinia Occidental.[1][2]

A súa afección pola numismática comezou na súa infancia. Ingresou na American Numismatic Association en 1941, con só 16 anos. A esa idade padeceu unha mastoidite que lle provocou a xordeira total.[2][3] Na Escola de xordos de Virxinia Occidental estudou Xornalismo e Imprenta.[1]

No ámbito editorial numismático comezou a ser coñecido cando foi nomeado editor adxunto da revista Numismatic Scrapbook en 1954, ao tempo que e convertera nun comerciante relevante de papel moeda mundial. Permaneceu nesa revista ata que en 1967 a compañía Franklin Mint lle ofreceu o posto de director de información numismática, que o obrigou a desprazarse a Chicago; ocupou este posto ata 1985.[1][2][3]

Os seus focos de interese como investigador e como autor foron as emisións de emerxencia en tempos de guerra, as moedas conmemorativas estadounidenses, os billetes de banco de pequeno tamaño e outros temas próximos á numismática, como as fichas comerciais e as medallas.[1]

Entre outras sociedades eruditas e asociativas, Slabaugh foi fundador e presidente da Token and Medal Society (TAMS) de 1978 a 1980 —e editor do seu TAMS Journal—, e pertenceu tamén á American Nuimismatic Association e ao Chicago Coin Club, que o recoñeceron con varios dos seus premios.[2][4]

Vida persoal editar

Arlie R. Slabaugh estivera casado con Margaret M. Williams, finada antes ca el, con quen tivo tres fillas.[3]

Slabaugh finou o 26 de setembro de 2007,[1][2] e foi soterrado no cemiterio Edgewood Memorial Park, en Pensilvania.[3][5][6]

Recoñecementos editar

Estes son algúns dos premios máis relevantes dos que Arlie R, Slabaugh foi merecedor ao longo da súa carreira:[1][2][3]

Publicacións editar

Arlie R. Slabaugh escribiu un bo número de artigos en revistas numismáticas estadounidenses do seu tempo como Numismatic Scrapbook, The Numismatist, TAMS Journal ou Paper Money.[1] Estes son os principais traballos monográficos publicados por Arlie R. Salabaugh ao longo da súa traxectoria:[4]

  • (1945). The German Inflation. A Study of the German Monetary Debacle After World War I. Spotlite Pub.
  • (1945). Emergency Monies of the World 1914-1924. A Catalog of the Emergency Monies of World War I and the Post-War Inflation Period.
  • (1956). Prisoner of War Monies and Medals. A Priced Catalog for Collectors from the 18th Century to the Present. Hewitt.
  • (1956). Paper Money of the Mexican Revolution.
  • (1958). Confederate States Paper Money. Whitman Pub.
  • (1962). United States Commemorative Coins. Whitman Pub [varias reedicións posteriores].
  • (1965). Prisoner of War Monies and Medals. Hewitt.
  • (1966). Christmas Tokens and Medals. Chicago.
  • (1967). U.S. and Foreign Encased Postage Stamps. Hewitt.
  • (1969). Specialized Catalog of Small Size National Bank Notes. Hewitt.
  • (1971). Japanese Invasion Money. Hewitt.
  • (1981). American Centennial Tokens and Medals. Cunningham.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "Slabaugh, Arlie R. (1925-2007)". En Coins Weekly.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Smith, P. (2012). Páxina 386.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Remembrances of Arlie Slabaugh". En The E-Sylum. Vol. 10. Nº 40. 7 de outubro de 2007.
  4. 4,0 4,1 Smith, P. (2012). Páxina 387.
  5. "Arlie R Slabaugh". Findagrave.com
  6. "Journalist Slabaugh dies". En Numismatic News. 21 de xullo de 2008.
  7. "The Clemy Award Winners". Numismatic Literary Guild.
  8. 8,0 8,1 8,2 "American Numismatic Association Past Award Recipients". American Numismatic Association.
  9. "Chicago Coin Club Inducts Arlie R. Slabaugh Into Hall of Fame". En Numismatic News. 16 de outubro de 2019.
  10. "Hall of Fame – Chicago Coin Club – Member 10: Arlie R. Slabaugh". Chicago Coin Club (Chicagocoinclub.org).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Smith, P. (2012). "Slabaugh, Arlie R.". En American Numismatic Biographies. Páxinas 386-387.

Ligazóns externas editar