Argelès-sur-Mer

comuna francesa

Argelès-sur-Mer (en occitano: Argelers de Mar, en catalán: Argelers de la Marenda) é unha localidade e comuna francesa situada no departamento de Pireneos Orientais e a rexión da Occitania, pertencente á comarca histórica do Rosellón.

Modelo:Xeografía políticaArgelès-sur-Mer
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 42°32′46″N 3°01′26″L / 42.5461, 3.0239Coordenadas: 42°32′46″N 3°01′26″L / 42.5461, 3.0239
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana
RexiónsOccitania
DepartamentoPireneos Orientais Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación10.792 (2021) Editar o valor em Wikidata (183,94 hab./km²)
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaQ108921678 Traducir
Q3551136 Traducir Editar o valor em Wikidata
Superficie58,67 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Mayor of Argelès-sur-Mer (en) Traducir Editar o valor em WikidataAntoine Parra (2020–2026) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal66700 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Páxina webville-argelessurmer.fr Editar o valor em Wikidata
Instagram: argelessurmer Editar o valor em Wikidata

Coñecida estación balnearia situada na costa, limita con Elne, Palau-del-Vidre, Saint-André, Sorède, Banyuls-sur-Mer e o municipio xironés de Espolla (Cataluña).

Historia editar

Argelès foi fundada por Hércules segundo as lendas. A presenza de dous dólmens de entre o 2500 a.C. e o 1500 a.C., indica que o territorio se atopou habitado por seres humanos desde a prehistoria. Porén, empezou a cobrar importancia na época feudal pola súa posición estratéxica.

A vila estivo baixo a dependencia dos condes do Rosellón até finais do século XII, cando foi legada ao Condado de Barcelona. Pouco despois, xa integrado o condado na Coroa de Aragón, entre os séculos XIII e XV foi motivo de confrontacións co Reino de Mallorca, que a tomou en 1276. En 1298 Xaime II de Mallorca e Xaime II o Xusto asinaron un tratado de paz, mais esta durou pouco. En 1344 Pedro IV o Cerimonioso asediou a vila e acabou co Reino de Mallorca. Conforme o Tratado dos Pireneos (1659) pasou a pertencer á coroa francesa. En 1793 foi asediada e tomada o 4 de agosto polas tropas españolas do xeneral Ricardos, quen a abandonou tras a derrota na batalla de Le Boulou (1794).

Guerra civil española e segunda guerra mundial editar

En 1939, finalizada a guerra civil española, decenas de miles de republicanos cruzaron a fronteira franco-española. As autoridades francesas confináronos no campo de concentración de Argelès-sur-Mer, situado na praia norte da vila, onde as condicións de vida foron inhumanas.

Celestino Alfonso, José Cabrero Arnal, Josep Bartolí, Anna Delso, Amparo López Jean, Gori Muñoz, Conxa Pérez Collado, Elisa Piqueras, Julián Antonio Ramírez, Adelita del Campo, Manolo Valiente e os irmáns Javier e José Vilató (sobriños de Pablo Picasso), entre outros, foron vítimas do campo.

Lugares de interese editar

 
Igrexa Notre Dame dels Prats
 
Castelo de Valmy
  • A igrexa parroquial do século XIV está dedicada a Notre Dame dels Prats.
  • Igrexa de Sainte-Marie de Torreneules, do século IX.
  • Abadía de Vallbona, cisterciense do século XIII.
  • Castelos medievais de Ultrère e Poujol (século XII) e torre da Massane, do século XIII.
  • Castelo de Valmy, de finais do século XIX: alberga o museo dedicado á memoria dos españois confinados no campo en 1939 e un parque de 5 hectáreas aberto ao público.
  • A Casa de les Albères, museo de tradicións e artes populares do «país catalán».
  • Reservas naturais da Massane (na serra da Albera) e do Mas Larrieu, na costa, e un dos poucos espazos con dunas do sur de Francia.
  • Dólmens clasificados Monuments Historiques, entre eles a Cova de l'Alarb e o Collet de Cotlioure.
  • Monólito-memorial situado na praia da localidade, no lugar onde estivo o campo de internamento.

Cidades irmás editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar