Abrir o menú principal

Aplysia é o xénero tipo da familia dos aplisíidos, un tipo de lesmas de mar, moluscos gasterópodos de corpo espido que habitan en todos os mares do globo.

Índice

CaracterísticasEditar

Estes animais respiran a través dunha respiración branquial que se manifesta polas branquias visíbeis dorsalmente, onde forman unha estrutura que recorda unha matogueira. Estas branquias son operculadas.[1]

O tamaño destes fitófagos bentónicos é bastante grande en comparación coa maioría dos moluscos. Pastan en zonas mareais e submareais de augas tropicais e subtopicais, principalmente no océano Indopacífico (23 especies), pero tamén se encontran no océano Atlántico (12 especies, cunhas poucas no Mediterráneo). En Galicia a especie máis común é Aplysia punctata.

Son hermafroditas e fan cópulas cruzadas de dous individuos, nas que cada un deles emprega sucesivamente un ou o outro dos seus sexos.

Cando son ameazados, liberan nubes de tinta para dificultar a visión do atacante. Baixo a dirección de Eric R. Kandel, este xénero foi estudado como organismo modelo en neurobioloxía, porque a liberación de tinta é unha resposta mediada por sinapses eléctricas, que permiten que varias neuronas disparen de maneira sincronizada.[2] Esta rápida resposta neural é importante para que o animal reaccione fuxindo.

EspeciesEditar

 
Unha Aplysia fasciata (arriba) e unha parella de Aplysia punctata (abaixo) nun acuario de Póvoa de Varzim, Portugal.

NotasEditar

  1. F. Cuvier, Leçons d'anatomies comparées, t. 2, 1805, p. 304.
  2. Kandel Eric R., Schwartz, J. H. e Jessell, T. M. (2000): Principles of Neural Science, 4th ed. New York: McGraw-Hill.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar