Neurobioloxía
A neurobioloxía é unha Ciencia derivada da Bioloxía que estuda as relacións nerviosas nos seres vivos dende unha perspectiva de interacción con outras partes dun ser vivo.
Estuda as células do sistema nervioso e a organización destas células dentro de circuítos funcionais que procesan a información e median no comportamento.[1] É unha disciplina derivada da bioloxía e da neurociencia. Diferénciase da neurociencia, campo moito máis amplo relacionado con calquera estudo científico do sistema nervioso, e das disciplinas acubilladas nela como a neurociencia computacional, a neurociencia cognitiva, a neurociencia do comportamento, a psiquiatría biolóxica, a neuroloxía ou a neuropsicoloxía, aínda a pesar de solaparse. Os científicos que estudan a neurobioloxía chámanse neurobiólogos.

As propiedades básicas, actividade e regulación das correntes de membrana, a plasticidade sináptica, a neurotransmisión, a neuroxénese, a sinaptoxénese e as canles iónicas das células son algúns campos estudados polos neurobiólogos.[2][3] A anatomía celular e a subcelular estúdanse para dar unha visión do retardo mental no Mental Retardation Research Center (MRRC).[4] Revistas como Frontiers in Cellular Neuroscience ou Molecular and Cellular Neuroscience publican sobre temas de neurobioloxía.[5][6]
NeurobiólogosEditar
NotasEditar
- ↑ Shepard, G. M. (1994). Neurobiology. 3rd Ed. Oxford University Press. ISBN 0-19-508843-3
- ↑ "Cellular Neuroscience". web.archive.org. 2008-05-13. Consultado o 2020-12-07.
- ↑ "Cellular Neuroscience Group". web.archive.org. Consultado o 2020-12-07.
- ↑ "Wayback Machine". web.archive.org. 2008-10-07. Consultado o 2020-12-07.
- ↑ "Archive of "Frontiers in Cellular Neuroscience".". www.ncbi.nlm.nih.gov. Consultado o 2020-12-07.
- ↑ "Molecular and Cellular Neuroscience - Journal - ScienceDirect.com by Elsevier". www.sciencedirect.com (en inglés). Consultado o 2020-12-07.
Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |