Antonio Nouche Costa

guerrilleiro antifranquista galego

Antonio Nouche Costa, coñecido como Dourado Xaneiro e O soldado de Deixebre, nado en Deixebre (Oroso) en 1924 e finado en Carres (Concello de Cesuras) o 4 de marzo de 1948, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Infotaula de personaAntonio Nouche Costa
Biografía
Nacemento1924 Editar o valor em Wikidata
Deixebre, España Editar o valor em Wikidata
Morte4 de marzo de 1948 Editar o valor em Wikidata (23/24 anos)
Probaos, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesDourado Xaneiro
O soldado de Deixebre Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra civil española Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nado en Bouzalonga, parroquia de Deixebre. Desertou do cuartel onde facía o servizo militar para unirse á guerrilla no verán de 1947. Para conseguir que se presentara foron detidos os seus pais e o seu irmán Manuel; ao non conseguilo, as súas irmás Isolina (coa súa filla pequena María del Carmen), Dolores e María, xunto coa súa cuñada Jesusa Cores, foron desterradas á provincia de Soria.[1] Foi membro do Destacamento Manuel del Río Botana, da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. Acompañou a Manuel Ponte Pedreira e outros no asalto á vivenda de Ramón Ferreiro Moar, en Aldrés (Senra); participou con Juan Couto Sanjurjo na operación que desarmou ao somatén da Baña e con Claudio Díaz Milia, Pedro Rodríguez Gómez, José Remuiñán Barreiro, José Blanco Núñez e José Santiago Temprano, na sanción económica de 30.000 pesetas ao alcalde franquista de Cerceda. O 4 de marzo de 1948 un cabo e catro gardas civís do posto de Betanzos cercaron unha casa de Probaos na parroquia de Carres, na que se atopaban Antonio Nouche e José Blanco Núñez, produciuse un enfrontamento, pero José Blanco logrou fuxir. A Garda Civil matou a Antonio Nouche xunto cos habitantes da casa Joaquín López Sánchez e a súa filla Manuela López Suárez e despois aplicoulles a "lei de fugas" á filla de Joaquín, María López Sánchez, e o seu xenro Manuel Mosquera Moar, que vivían nunha casa próxima, tamén enlaces da guerrilla.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar