Manuel Mosquera Moar

xastre e enlace da guerrilla galego

Manuel Mosquera Moar, finado en Probaos (Carres, Oza-Cesuras) o 4 de marzo de 1948, foi un xastre e enlace da guerrilla antifascista galega.

Infotaula de personaManuel Mosquera Moar
Biografía
Morte4 de marzo de 1948 Editar o valor em Wikidata
Probaos, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxastre , membro da resistencia Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Xastre en Chouselas, casado con Celia Sánchez López, filla máis vella de María López Sánchez e neta de Joaquín López Sánchez, coñecidos como "Os Chintos". Na casa da súa sogra acubillábanse membros da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia, dos destacamentos dirixidos por Manuel Ponte e Manuel Pena Camino. En agosto de 1947 foi detido xunto cos seus cuñados Josefa e José Sánchez López e a súa sogra María López Suarez, e pasaron catro meses na cadea da Coruña.[1] Na noite do 3 de marzo de 1948 pernoctaban na casa de Joaquín López Sánchez os guerrilleiros Antonio Nouche Costa e José Blanco Núñez, e sendo coñecedora a Garda Civil deste feito, montou un dispositivo ao mando do capitán José Méndez Villar para capturalos. Despois do mediodía do día seguinte a Garda Civil rodeou a casa, na que xa só estaban Joaquín López e a súa filla Manuela López Suárez, e oculto no primeiro piso Antonio Nouche; José Blanco fuxira antes de comezar o rexistro. No tiroteo foron abatidos Joaquín e a súa filla Manuela, o guerrilleiro Antonio Nouche, e tamén resultaron mortos os gardas civís Blas Sánchez e José Cano. Manuel, que se atopaba na casa da súa sogra María López Sánchez, foi asasinado xunto con ela esa mesma noite en aplicación da "lei de fugas".

Vida persoal editar

Casou con Celia Sánchez López, e foi pai de María Mosquera Sánchez.[2]

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar