Antonio García Vázquez-Queipo

avogado e escritor galego

Antonio García Vázquez-Queipo, nado en Vilela (A Rúa) e finado en Santiago de Compostela o 30 de novembro de 1912, foi un avogado e escritor galego.

Antonio García Vázquez-Queipo
Nacementoséculo XIX
Lugar de nacementoVilela
Falecemento30 de novembro de 1912
Lugar de falecementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritor e avogado
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

 
Álbum de la Caridad. Juegos Florales de La Coruña en 1861.[1]

Sobriño de Vicente Vázquez Queipo. Estudou Leis na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse en Dereito en Madrid. Colaborou en El Eco Escolar e de forma esporádica en La Joven Galicia. Traduciu a poetas alemáns e italianos e puxo en galego "A Cruz", poema de Pietro Paolo Parnzanese. O seu poema "Al enamorado Macías" foi premiado co Pensamento de Ouro nos Xogos Florais da Coruña (1861).

Vida persoal editar

Casou con Carmen Moreno García-Pan.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar