Annie Krauß, tamén referida como Anna Krauß, Anna Kraus, Annie Krauss e Anna Krauss, nada en Bogen, reino de Baviera (Imperio Alemán), o 27 de outubro de 1884 co nome de Anna Friese,[1][2] e finada o 5 de agosto de 1943, executada na prisión de Plötzensee, Berlín, foi unha adiviña e empresaria alemá que se converteu nunha loitadora contra o réxime nazi a través da súa asociación cun grupo de resistencia antifascista con sede en Berlín que máis tarde foi chamado Orquestra Vermella ("Rote Kapelle") pola Abwehr.[3][4]

Modelo:BiografíaAnnie Krauß

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Anna Friese Editar o valor en Wikidata
7 de maio de 1879 Editar o valor en Wikidata
Opin, Polonia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte5 de agosto de 1943 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Berlin-Plötzensee, Alemaña (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaBerlín (1905–) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor en Wikidata
Membro de

Traxectoria

editar

Anna Krauss era filla do granxeiro Johann Friese. En 1911, casou co húngaro Josef Krauss e tivo un fillo, Rudolf, nado en 1914. Josef Krauss foi asasinado na primeira guerra mundial, deixándoa viúva, e en 1920 foi vivir con Rudolf á da súa irmá, Magda Friese, nun apartamento en Berlín. Para gañar a vida dirixiu un taller de costura e nos anos 30 converteuse na propietaria dunha empresa grosista de pinturas e vernices.[5]

Resistencia

editar
 
O grupo Schulze-Boysen en Alemaña

A finais de 1938, Krauss acolleu á moza xudía de 22 anos, Sophie Kuh (de casada Sophie Templer-Kuh), que esperaba un visado británico.[6] Ela fora a Berlín para visitar a embaixada británica para ampliar o seu visado. Sophie Templer-Kuh morreu en 2021, aos 104 anos.[7]

En agosto de 1941, Libertas Schulze-Boysen [en] converteuse nunha cliente de Krauss logo de ser presentada polo xornalista Heinrich Karbe. A través de Schulze-Boysen, Krauss coñeceu a Toni Graudenz, esposa do seu veciño de Stahnsdorf John Graudenz. Krauss ofreceulle o seu apartamento para albergar dúas máquinas de mimeografía para producir folletos antinazis, coñecidos como AGIS, para o grupo.[8][9] Moitos clientes de Krauss eran oficiais alemáns supersticiosos que buscaban consello e, ao describir as súas próximas campañas, ela pasaba os detalles a Schulze-Boyzen a través de Toni Graudenz, que actuaba de intermediario no papel de cutout.[10] Un destes oficiais alemáns era Erwin Gehrts, un coronel da Luftwaffe, interesado na metafísica e o ocultismo cunha vida marcada pola superstición.[11] Visitaba regularmente a Krauss para pedir consello.[11]

Krauss lía a sorte dos membros do grupo de resistencia para proporcionarlles e infundirlles unha determinación férrea.[12] En estado de transo, describía o futuro político despois dos nazis.[11]

 
Memorial a Anna Krauss

Annie Krauss era membro de pleno dereito do grupo Schulze-Boysen e estaba plenamente informada de todas as súas actividades. Tamén participaba na distribución de panfletos e dípticos.[11]

Detención e morte

editar

Krauss foi arrestada o 14 de setembro de 1942. Foi xulgada polo Reichskriegsgericht ("tribunal militar") e o 12 de febreiro de 1943 anunciouse que fora condenada a morte por "descompoñer a forza militar". A execución tivo lugar o 5 de agosto de 1943, no marco dunha execución en serie, na que foron guillotinadas 17 persoas, 3 homes e 14 mulleres.[13] [14]

  1. Hai confusión nos rexistros sobre a data exacta de nacemento: algúns documentos mencionan o 27 de outubro de 1884, mentres que outros citan o 7 de maio de 1879.
  2. Wesner, Marina (2008). Das Frauengefängnis in der Barnimstrasse. Berlin. 
  3. "ptx ruft moskau". Der Spiegel (26). 1968. 
  4. "barnimstr" (PDF). FHXB Friedrichshain-Kreuzberg Museum; fhxb-museum.de (en German). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de setembro de 2015. Consultado o 16 de agosto de 2024. 
  5. Widerstand in Berlin gegen das NS-Regime 1933 bis 1945: ein biographisches Lexikon (en alemán). Trafo Verlag. 2002. ISBN 978-3-89626-354-4. 
  6. Nelson, Anne (2009). Red Orchestra : the story of the Berlin underground and the circle of friends who resisted Hitler. New York : Random House. ISBN 978-1-4000-6000-9. 
  7. "Nachruf auf Sophie Templer-Kuh: Heimatlos und guter Dinge". Der Tagesspiegel Online (en alemán). ISSN 1865-2263. Consultado o 2024-08-15. 
  8. Nelson, Anne (2009). Red Orchestra : the story of the Berlin underground and the circle of friends who resisted Hitler. Nova York: Random House. ISBN 978-1-4000-6000-9. 
  9. Petrescu, Corina L. (2010). Against All Odds: Models of Subversive Spaces in National Socialist Germany (en inglés). Peter Lang. ISBN 978-3-03911-845-8. 
  10. Na terminoloxía de espionaxe, o termo "cutout" ou "recorte" refírese a un intermediario que facilita a transferencia de información entre axentes sen revelar as súas identidades mutuas. Actúa como unha canle de comunicación que permite que a información flúa dun punto a outro mantendo o anonimato. O intermediario coñece só os puntos de orixe e destino da información, pero non a identidade dos axentes envolvidos, minimizando o risco de identificación e delación en caso de captura.
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 Kesaris, Paul. L (ed.). rotekapelleciOOunit. p. 145. ISBN 978-0-89093-203-2. 
  12. Schulze-Boysen, Harro (1999). Dieser Tod passt zu mir: Harro Schulze-Boysen, Grenzgänger im Widerstand : Briefe 1915 bis 1942 (en alemán). Aufbau-Verlag. ISBN 978-3-351-02493-2. 
  13. Victor von Gostomski, Walter Loch (1993). Der Tod von Plötzensee: Erinnerungen, Ereignisse, Dokumente, 1942-1944 (en alemán). Frankfurt am Main: Bloch. p. 222. ISBN 9783929686005. 
  14. "Vor 60 Jahren wurden die Mitglieder der "Roten Kapelle" hingerichtet. Auch meine Mutter: Mit Gnade hat sie nie gerechnet". Berliner Zeitung (en alemán). 2003-08-04. Consultado o 2024-08-16. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar