Un visado é un documento emitido por un país dando a un certo individuo permiso para entrar no seu territorio por un certo período de tempo e para determinadas finalidades. Moitos países requiren a posesión dun visado válido como condición de entrada para estranxeiros. Os visados son xeralmente marcados ou anexados ao pasaporte do destinatario.

Un visado válido en todos os países do tratado de Schengen.

Algúns países, requiren que os seus nacionais ou mesmo os estranxeiros no seu territorio obteñan un visado de saída para poderen marchar do país.

Entrar nun país sen un visado válido ou realizar actividades non cubertas polo visado (por exemplo, traballar con visado de turismo), resulta na transformación do individuo nun inmigrante ilegal, xeralmente suxeito á deportación ao seu país natal.

Tipos de visados

editar
 
Un visado ruso
  • de tránsito, xeralmente válido por tres días ou menos para pasar por un país de camiño a outro.
  • de turista, para un período limitado de viaxe sen actividades de negocios permitidas. Xeralmente o único dado de balde. Algúns países, coma Kuwait, non emiten este tipo de visados.
  • de negocios, de maior duración e máis fácil de renovar que un visado de turista.
  • de estudante, que permite estudar nalgunha institución do país.
  • diplomático, que confire á viaxe un status oficial. Normalmente só está dispoñíbel para visitas diplomáticas.
  • de xornalista, en países coma Cuba, os EUA, Irán, Corea do Norte, Arabia Saudita ou Zimbabwe. En cada caso o non obter o documento correcto deriva na recusa da entrada ou a interrogación e deportación.
  • de noivo(a), dado por un tempo limitado antes da data de casamento baseada en relación probada cunha persoa que teña a nacionalidade do país de destino (por exemplo, unha persoa do Brasil que desexa casar cunha da Arxentina).

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar