Anna Nicole Smith

Anna Nicole Smith, nada como Victoria Lynn Hogan en Houston (Texas) o 28 de novembro de 1967 e finada en Hollywood (Florida) o 8 de febreiro de 2007, foi unha modelo, actriz e personaxe televisiva estadounidense. Smith obtivo popularidade por primeira vez na revista Playboy, que lle outorgou o título de Playmate do Ano en 1993. Traballou como modelo para compañías dcomo Guess, H&M, Heatherette e Lane Bryant.

Anna Nicole Smith
Anna Nicole Smith crop.jpg
Smith en 2005
Nome completoVickie Lynn Hogan
Nacemento28 de novembro de 1967
 Houston
Falecemento8 de febreiro de 2007
 Hollywood
Causasobredose
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterMexia High School
Ocupaciónactriz de cinema, actriz, bailarina, Playmate, modelo, actriz de televisión, produtora e música
CónxuxeJ. Howard Marshall e Howard K. Stern
FillosDaniel Wayne Smith e Dannielynn Birkhead
editar datos en Wikidata ]

Smith abandonou o instituto aos catorce anos en 1982 e casou en 1985. O seu segundo matrimonio enormemente publicitado en 1994 co milmillonario de 89 anos J. Howard Marshall provocou especulacións sobre se casara co octoxenario polos seus cartos, o que ela negou. Trala morte de Marshall, Smith comezou unha batalla legal sobre a fortuna. Os procesos chegaron ao Tribunal Supremo: Marshall v. Marshall sobre unha cuestión de xurisdición federal e Stern v. Marshall sobre unha cuestión da autoridade do tribunal de bancarrotas.

Smith faleceu en 2007 nun cuarto de hotel de Florida como consecuencia dunha sobredose de drogas prescritas. Nos meses anteriores ao seu pasamento, Smith foi de novo o centro de atención dos medios pola morte do seu fillo Daniel, e pola paternidade e batalla pola custodia da súa filla acabada de nacer, Dannielynn Birkhead.

TraxectoriaEditar

Infancia e mocidadeEditar

Anna Nicole Smith naceu en Mexia, un suburbio de Houston a 127 km ao sur de Dallas, e foi abandonada polo seu pai cando era unha nena. A súa nai volveu casar. O seu padrasto foi a prisión pola violación da súa cuñada de entón dez anos. Smith dixo máis adiante sobre a súa nai que ademais de azoutas permitiu que o seu padrasto e o seu irmán abusasen dela e da súa irmá.[1] O seu irmán rematou en prisión por violación dunha muller máis vella.[2] Criada pola súa nai e a súa tía, Anna Nicole adoitaba dicir que cando crecese quería ser «a nova Marilyn Monroe».

Mentres traballa no Jim's Krispy Fried Chicken de Mexia, Smith coñeceu a Billy Wayne Smith, cociñeiro do restaurante, e casaron o 4 de abril de 1985, con dezasete anos. Deu a luz o seu primeiro fillo, Daniel Wayne Smith, o 22 de xaneiro de 1986.[3] O matrimonio durou tres anos e ela exerceu de nai solteira.

Con 20 anos comezou a traballar en lugares onde cobraba un soldo baixo e exercía de bailarina exótica baixo pseudónimos como Nikki, Robin e Anna Nicole. Cando actuaba nun club de Houston en outubro de 1991, Smith coñecu ao magnate do petróleo de 86 anos J. Howard Marshall. Durante os dous anos de relación, Marshall fixo regalos caros a Smith e pediulle matrimonio en varias ocasións.[4]

Carreira como modelo e PlayboyEditar

Con 25 anos, foi playmate de marzo de 1992 baixo o nome Vicky Smith. Grazas á aparición na revista converteuse nunha das figuras máis irresistibles dos Estados Unidos. Guess escolleuna como sucesora de Claudia Schiffer como imaxe da súa campaña publicitaria. En maio dese mesmo ano, volveu protagonizar a portada de Playboy e un ano máis tarde foi escollida playmate do ano e pasou a ser coñecida como Anna Nicole Smith. Ademais, apareceu nalgúns filmes.

O 27 de xuño de 1994, Smith e Marshall casaron en Houston, provocando rumores de que casara con el polos seus cartos.[5] Smith nunca viviu con Marshall, nunca tivo relacións con el e non o bicou nos beizos máis de dez veces.[6] Mantivo que ela amaba a Marshall e que a idade non lle importaba. O 4 de agosto de 1995, trece meses despois da voda con Smith, Marshall faleceu en Houston aos noventa anos.

Últimos mesesEditar

Nos últimos meses da súa vida, a actriz viviu dous momentos moi impactantes: deu a luz a Dannielynn Birkhead o 7 de setembro de 2006 no Doctors Hospital de Nassau (Bahamas) e catro días máis tarde apareceu morto o seu fillo Daniel, que nese momento tiña vinte anos, nun dos cuartos do hospital onde nacera a súa irmá máis nova. A segunda autopsia, que lle realizou o forense contratado pola actriz Cyril Wecht, revelou que o mozo falecera por unha combinación letal de medicamentos: Daniel tomaba metadona, Zoloft e Lexapro.

MorteEditar

O 8 de febreiro de 2007, Anna Nicole Smith faleceu tras perder o coñecemento mentres estaba hospedada no hotel-casino Seminole Hard Rock Cafe, en Fort Lauderdale.

A autopsia revelou que a modelo afogou no seu propio vómito, despois de desmaiarse por inxerir unha sobredose de metadona. Nunha conferencia de prensa, o médico forense Joshua Perper explicou que Smith falecera a consecuencia da inxestión de fármacos baixo receita médica e que o seu pasamento fora "accidental", sen que houbese indicios sospeitosos doutra causa. Perper, que practicou a autopsia ao cadáver de Smith, indicou que se detectou o rastro de "numerosos medicamentos no sistema" da modelo, mais ningún "ilegal", polo que o seu deceso se atribúe á interacción de "múltiples" fármacos e unha "infección". Smith inxerira medicamentos antidepresivos e contra a ansiedade, así como pílulas para adelgazar, metadona e inxectáranse hormonas para o crecemento e vitamina B-12 nun dos seus muslos. Antes do seu pasamento, proseguiu o médico forense, a modelo tomara antibióticos para combater unha gripe, así como unha substancia denominada cloralhidrato, empregada para durmir, un cóctel que lle causou unha "intoxicación" fatal. Pola súa banda, Charlie Tiger, xefe de policía, sinalou que non se detectaron "elementos criminais" nin nada "ilegal" no deceso de Anna Nicole Smith.[7][8]

O 18 de febreiro de 2007, o cadáver de Anna Nicole Smith foi embalsamado tras ser emitida unha orde xudicial que permitía ese procedemento.[9] Segundo Joshua Perper, forense do condado de Broward, dous embalsamadores remataron o seu labor ao mediodía do sábado 17 de febreiro, prometendo non falar nin escribir respecto ao corpo de Anna, nin tampouco que o fotografasen ou o debuxasen.

A súa familia pretendía cumprir o último desexo de Anna, ser sepultada no cemiterio Westwood Memorial Park xunto ao seu máximo ídolo, Marilyn Monroe.[10] Porén, o avogado Howarde K. Stern, parella de Smith, gañou a disputa legal que sostiña coa nai de Smith, Virgie Arthur, para resolver onde sería sepultada. O corpo de Anna sería enterrado nas Bahamas, xunto á tumba do seu fillo Daniel. O funeral programouse para o 27 de febreiro de 2007, mais Arthur logrou presentar un recurso de emerxencia co obxectivo de evitar que a súa filla fose sepultada en devandito lugar.[11]

O 28 de febreiro de 2007, o tribunal de apelacións de Florida confirmou a decisión de Virgie Arthur de renunciar á custodia do cadáver da súa filla, xa que a evidencia indicaba que o último desexo de Anna Nicole Smith era ser sepultada xunto ao seu fillo Daniel nas Bahamas.[12]

O venres 2 de marzo de 2007, finalmente foi sepultada Anna Nicole Smith nas Bahamas.[13] O corpo da modelo foi trasladado dende unha morgue ata o aeroporto de Miami a primeira hora da mañá, baixo a atenta mirada dos paparazzi. Despois de horas de voo, o féretro aterrou en Nassau e foi levado á igrexa Mount Horeben onde esperaban 300 persoas, a quen lle entregaron rosas rosadas e vermellas, en lembranza da modelo, e tarxetas con forma de corazón para que deisaxen mensaxes sobre a súa sepultura. O mozo de Smith, Howarde K. Stern, saudou a un grupo de curiosos que quixeron presenciar o funeral de Smith tralas reixas que custodiaban a privacidade do evento, entre eles residentes, turistas e paparazzi; porén, só algúns reporteiros gráficos tiveron acceso á igrexa.

Despois da cerimonia, Anna foi enterrada no cemiterio Lakeview xunto ao seu fillo Daniel, cumprindo coa vontade expresada por Anna no seu testamento.

FilmografíaEditar

Ano Título Personaxe Notas
1994 The Hudsucker Proxy Za-Za
1994 Naked Gun 33⅓: The Final Insult Tanya Peters
1995 To the Limit Colette Dubois
1996 Skyscraper Carrie Wink
1998 Anna Nicole Smith: Exposed Herself Tamén acreditada como directora, guionista e produtora
2003 Wasabi Tuna Ela mesma
2007 Illegal Aliens Lucy Estreado postumamente

Na cultura popularEditar

A ópera de Mark-Anthony Turnage sobre Smith Anna Nicole estreouse o 17 de febreiro de 2011 na Royal Opera House, con críticas diversas.[14][15][16]

NotasEditar

  1. "Tragic tale of Anna Ncole, a trailer-trash princess". The Independent. 2019. Consultado o 1 de outubro de 2019. 
  2. "Anna Nicole Smith’s Stepbrother: ‘I Didn’t Rape My Sister’". Hollwyood.com. 2007. Consultado o 1 de outubro de 2019. 
  3. "Living and dying in the spotlight". The Seattle Times. 9 de febreiro de 2007. 
  4. In re Marshall 275 B.R. 5, 21 (C.D. Cal. 2002).
  5. "Fame and Infamy Surround Anna Nicole Smith". ABC News. 17 de novembro de 2005. Consultado o 14 de febreiro de 2007. 
  6. Stritof, Sheri; Stritof, Bob. "The Marriages of Anna Nicole Smith". About.com. Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2007. Consultado o 14 de febreiro de 2007. 
  7. La Segunda, «Autopsia revela que Anna Nicole Smith muriou dunha sobredosis accidental» Arquivado 11 de decembro de 2008 en Wayback Machine.
  8. Reuters, «Anna Nicole Smith muriou de sobredosis accidental»
  9. La Segunda, «Embalsaman cadáver de Anna Nicole Smith» Arquivado 11 de decembro de 2008 en Wayback Machine.
  10. La Cuarta, «Ex Conejita Playboy será sepultada xunto a Marilyn» Arquivado 11 de xuño de 2009 en Wayback Machine.
  11. Terra.cl: «Frenan entierro de Anna Nicole Smith nas Bahamas»
  12. La Segunda: «Nai de Anna Nicole Smith renuncia a custodia do cadáver» Arquivado 11 de decembro de 2008 en Wayback Machine.
  13. La Segunda: «Realizan funeral de Anna Nicole Smith en Bahamas rodeado de paparazzis e helicópteros» Arquivado 11 de decembro de 2008 en Wayback Machine.
  14. "Anna Nicole Smith opera opens in London". BBC News. 18 de febreiro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2011. Consultado o 19 de febreiro de 2011. 
  15. Clements, Andrew (17 de febreiro de 2011). "Anna Nicole – review". The Guardian. Consultado o 19 de xuño de 2016. 
  16. "Anna Nicole, the opera by Anne Midgette, The Washington Post (17 de febreiro de 2011)

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar