Ana Rita Alberdi, coñecida como Anari, nada en Azkoitia (Guipúscoa), en 1970, é unha cantante e compositora vasca.

Infotaula de personaAnari

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento29 de decembro de 1970 Editar o valor em Wikidata (53 anos)
Azkoitia, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositora de cancións , cantante , escritora Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1997 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoMúsica rock Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua éuscara e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Premios

Twitter: anarirena MySpace: anarialberdi Literaturaren Zubitegia: 1083 BNE: XX5393440 Badok: anari Spotify: 3i1KvV6m2livQkQi4srg4B Musicbrainz: 2e683595-a7b5-44f5-bd4e-505441836c48 Songkick: 432954 Discogs: 768395 Musikasten: anari Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Debutou en 1997, manténdose en activo. Editou cinco discos en solitario e un disco en colaboración co músico navarro Petti. Os seus discos recibiron excelentes críticas, e comparóuselle con PJ Harvey (a "PJ Harvey vasca"), Cat Power ou Nick Cave[1].

Exerce como profesora de lingua e literatura hispánicas e filosofía nun instituto de educación secundaria de Ordizia.

Historia

editar

Os seus primeiros pasos na música deunos como batería no grupo Psych Out (xunto con membros de Akauzazte), con letras en inglés. Decide adoptar o éuscaro como forma de expresión, debutando en 1997 cun disco homónimo no que colaboran Mikel Abrego (batería de BAP!! e Negu Gorriak, entre outros), Xabi Strubell (guitarra de Dut) e un elenco de músicos vascos que seguirán acompañando a Anari nos seus posteriores discos. As letras inspíranse en textos de Hans Magnus Enzensberger, Eduardo Galeano, Joseba Sarrionandia ou Ruper Ordorika. O disco é un éxito de crítica.

O seu segundo álbum non chegou ata o ano 2000. Nesta ocasión cedeulle a Kaki Arkarazo o papel principal na produción. Volveron colaborar Mikel e Xabi, ademais do propio Kaki, Drake (baixista de Bap!!), Ruper Ordorika, Mikel Azpiroz o Petti (con quen acabaría publicando o split Anari ta Petti en 2003). O disco volveu ser un éxito de crítica, alcanzando a lista dos mellores discos nacionais de 2000 segundo a revista musical catalá Rockdelux. Esta mesma revista concedeulle en 2004 o posto número 77 na lista dos "100 mellores discos españois do século XX".

Ata 2005 non apareceu o seu terceiro e máis aclamado traballo, Zebra. Nel comeza unha colaboración con Karlos Osinaga (de Amodio e ex-Lisabö), que é quen se encarga esta vez da produción. O disco gravouse nos estudios "Bomberenea" de Tolosa, situados nunha casa okupada desta localidade. Volven aparecer Drake e Mikel, ademais de Karlos ou Rober! (cantante de Atom Rhumba). O disco é aclamado unanimemente pola prensa musical especializada.

A inseguridade que sente no escenario ou á hora de compor fixeron que Anari se prodigase pouco, tanto en directo, tocando puntualmente e non realizando nunca unha gran xira estatal, como en estudio.

Discografía

editar

Álbums

editar
  • Anari (Esan Ozenki, 1997). CD.
  • Habiak (Esan Ozenki, 2000). CD.
  • Zebra (Metak, 2005). CD.
  • Anari Kafe Antzokian Zuzenean (Bidehuts, 2008). CD.
  • Irla izan (Bidehuts, 2009). CD.
  • Zure aurrekari penalak (Bidehuts, 2015). CD.

Splits

editar
  • Anari ta Petti (Metak, 2003). CD de catro cancións que xurdiron da colaboración entre Anari e Petti.

Participacións en recompilatorios

editar
  • "Postariarena" en Ikastola Berria Eraiki Dezagun Zuberoan (Esan Ozenki, 1997). CD recompilatorio para recadar fondos para a ikastola de Sohuta no País Vasco Francés.
  • "Muga kanta" en Acuarela songs (Acuarela, 2004).
  • "Habiak" en The Rockdelux Experience. 23.11.2004 (Sinedín-Rockdelux, 2005). CD do concerto de celebración do 20 aniversario da revista musical catalá Rockdelux.

Outras colaboracións

editar
  1. "Influencias de Anari". Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2006. Consultado o 31 de agosto de 2007. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar