Amiadoso, San Martiño de Pazó, Allariz
lugar da parroquia de San Martiño de Pazó, no concello de Allariz
Amiadoso é un lugar da parroquia de San Martiño de Pazó, no concello ourensán de Allariz, na Comarca de Allariz - Maceda.[1] Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 58 habitantes (34 homes e 24 mulleres).
Amiadoso | |
---|---|
Parroquia | San Martiño de Pazó |
Concello | Allariz |
Coordenadas | 42°10′31″N 7°49′24″O / 42.175403294137, -7.8232197310588 |
Poboación | 58 hab. (2022) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pilastra decorada de Amiadoso
editarEn Amiadoso atopouse a chamada placa de Amiadoso, depositada no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. O bloque presenta decoración en tódalas caras, feita en diferentes momentos, desde o século II (período galaicorromano) ata os séculos IX-X, na Idade Media.[3]
Lugares e parroquias
editarLugares de San Martiño de Pazó
editarLugares da parroquia de San Martiño de Pazó no concello de Allariz (Ourense) | |
---|---|
Amiadoso | Castrelo | A Forma | Penamá | San Martiño |
Parroquias de Allariz
editarNotas
editar- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa (ed.). "Lugares da parroquia de San Martiño de Pazó, Allariz". Consultado o 18 de maio de 2023.
- ↑ "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor". Xunta de Galicia.
- ↑ Vázquez Varela, José Manuel (1996). 100 obras mestras da Arte Galega. Vigo: Nigra Arte. ISBN 84-87709-50-8.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Fariña Busto, Francisco. "Placa decorativa de Amiadoso" (PDF). Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. ISSN 1579-9956.
- González Soutelo, Silvia; Vidal Álvarez, Sergio; Gutiérrez Garcia-M., Anna; Royo Plumed, Hernando (2016). "La placa de Amiadoso (Allariz, Ourense): Nuevos datos sobre el uso del mármol local en el noroeste de Hispania a partir de un estudio interdisciplinar". Espacio, Tiempo y Forma (9): 99–121. ISSN 1131-7698.