Os Espiñeiros, Allariz
parroquia civil do concello de Allariz
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Os Espiñeiros.
San Breixo dos Espiñeiros é unha parroquia do concello de Allariz. Segundo o IGE en 2015 tiña 105 habitantes (50 homes e 55 mulleres). Limita coas parroquias allaricenses de Folgoso, Meire e Augas Santas, amais de co concello de Xunqueira de Ambía.
Os Espiñeiros | |
---|---|
Concello | Allariz[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°13′08″N 7°46′55″O / 42.21888889, -7.78194444 |
Poboación | 105 hab. (2015) |
Entidades de poboación | 5[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Abrangue 5 lugares, sendo o núcleo máis poboado Vilar de Flores, que en 2015 tiña 49 habitantes. Os outros dous lugares son As Casas Novas (no límite co concello de Xunqueira de Ambía), Rubiás e Santo Estevo.
Monumentos
editarArquitectura relixiosa
editar- Igrexa parroquial de San Breixo dos Espiñeiros.
- Santuario e Oratorio de Santa María de Vilar de Flores.
- Capela de Santo Estevo.
Cruceiros
editar- Cruceiros (3) do Camiño Sacramental de Vilar de Flores.
- Cruceiro de San Breixo dos Espiñeiros.
Arquitectura civil
editar- Aldea de Vilar de Flores.
- Fonte-lavadoiro de San Breixo dos Espiñeiros.
- Forno de Vilar de Flores.
- Palcos (2) da música de Vilar de Flores.
- Casa Reitoral de Espiñeiros.
- Casa Reitoral de Vilar de Flores.
- Hórreos de Santo Estevo.
- Hórreos de Vilar de Flores.
Restos arqueolóxicos
editar- Necrópole das Muradellas en Vilar de Flores.
Festas
editar- Romaría da Nosa Señora da Asunción de Vilar de Flores o 15 de agosto.
Galería de imaxes
editar-
As dezaseis parroquias que conforman o concello de Allariz
Lugares e parroquias
editarLugares dos Espiñeiros
editarLugares da parroquia dos Espiñeiros no concello de Allariz (Ourense) | |
---|---|
As Casas Novas | Os Espiñeiros | Rubiás | Santo Estevo | Vilar de Flores |