Requeixo de Valverde, Allariz

parroquia civil do concello de Allariz

Requeixo de Valverde é unha parroquia situada no leste do concello de Allariz. Limita coas parroquias allaricenses de Meire e Allariz (Santo Estevo), e co concello de Xunqueira de Ambía.

Requeixo de Valverde
Intervención escultórica de Agustín Ibarrola no Ecospazo do Rexo
ConcelloAllariz[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°11′30″N 7°45′23″O / 42.191583333333, -7.7564166666667
Poboación137 hab. (2015)
Entidades de poboación3[1]
editar datos en Wikidata ]

Poboación

editar

Segundo o IGE[2], en 2015 tiña 137 habitantes (95 homes e 42 mulleres). O seu núcleo máis poboado é Valverde, con 97 habitantes.

Xeografía e relevo

editar

A altitude desta parroquia baixa ata situarse por debaixo dos 450 m na ribeira do Río Arnoia e ascende ata preto dos 800 m nos Montes da Padela, que conforman o seu bordo oriental.

Os principais accidentes xeográficos son:

Río Arnoia: principal curso de auga da parroquia que constitúe o límite natural desta e das parroquias de Armariz (Xunqueira de Ambía) durante un pequeno treito e de Meire (Allariz).

O Regato da Padela: afluente do río Arnoia que nace preto da poboación de Casnaloba (Xunqueira de Ambía) ao redor do cal se constitúe un souto de gran relevancia dentro da Reserva da Biosfera da Área de Allariz.

Montes do Val, a Porqueira, o Castro, A Padela e as Lombas de Carnaloba: conxunto de elevacións de entre 650 e 780 metros do leste da parroquia que forman unha cadea montañosa que se estende dende o pobo de Paciños ata Casnaloba (A Graña, Xunqueira de Ambía); servindo dende o Monte do Val ata O Castro de límite da vertente de Gorda-Gorda e do Regato da Padela, mentres que dende o Castro ata as Lombas separan o Val da Padela da parroquia da A Graña (xa na Alta Limia).

Regato de Gorda-Gorda: afluente do río Arnoia que no seu curso baixo constitúe o límite da parroquia coa de Xunqueira de Ambía (Santa María a Real)

Os Montes da Portela: conxunto de outeiros picudos situados no oeste da parroquia que acadan preto dos 700 m e que a separan da veciña Santo Estevo de Allariz.

Ecoespazo do Rexo

editar

No termo desta parroquia está o Ecoespazo do Rexo, un proxecto de recuperación de zonas rurais, que consta dunha explotación de ovellas que inclúe granxa escola e fábrica de queixo, un Centro de Educación Ambiental, unha minicentral hidroeléctrica e unha interesante intervención artística sobre rochas e árbores obra do escultor vasco Agustín Ibarrola, todo á beira do río Arnoia.

Comunicacións

editar

A parroquia está atravesada pola estrada local OU-0108 que vai dende o cruzamento de Allariz a Maceda, ademais da N-525 e da A-52 entre o viaduto do Arnoia e a saída 202 a Sandiás.

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Requeixo de Valverde

editar
Lugares da parroquia de Requeixo de Valverde no concello de Allariz (Ourense)

Paciños | Requeixo de Valverde | Valverde

Parroquias de Allariz

editar
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Allariz

Allariz (Santiago) | Allariz (Santo Estevo) | Augas Santas (Santa Mariña) | Coedo (Santiago) | Os Espiñeiros (San Breixo) | Folgoso (Santiago) | Meire (Santa María) | Queiroás (San Breixo) | Requeixo de Valverde (Santa María) | San Mamede de Urrós (San Mamede) | San Martiño de Pazó (San Martiño) | San Trocado (San Trocado) | San Vitoiro da Mezquita (San Vitoiro) | Santa Baia de Urrós (Santa Baia) | Seoane (San Xoán) | Torneiros (San Miguel)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar