Placa de Amiadoso

placa romana de mármore

A placa de Amiadoso é unha placa decorativa de mármore que puido formar parte dunha pilastra romana, as diferentes caras están datadas entre o século II e o século IX, consérvase no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

Placa de Amiadoso
Material:Mármore do Incio
Medidas:46cm x 65cm x 15cm
Data:século II - século IX
Museo:Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Imaxes externas
Imaxe da placa
Reverso
Localización de Amiadoso

Características editar

Atopouse en Amiadoso (San Martiño de Pazó, Allariz) grazas ao estudo de Xaquín Lorenzo.[1][2] Resulta unha peza sorprendente polo feito de ter decoradas tódalas súas caras, seis, como resultado da reutilización da mesma. Ademais, esta peza resulta pola talla, tema e execución un dos mellores exemplos da plástica romana en Galicia; tallada en mármore de tipo local, veteado en azul, coñecido coma mármore do Incio ou de Braganza.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Fariña Busto, Francisco. "Placa decorativa de Amiadoso" (PDF). Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. ISSN 1579-9956. Consultado o 2023. 
  2. González Soutelo, Silvia; Vidal Álvarez, Sergio; Gutiérrez Garcia-M., Anna; Royo Plumed, Hernando (2016). "La placa de Amiadoso (Allariz, Ourense): Nuevos datos sobre el uso del mármol local en el noroeste de Hispania a partir de un estudio interdisciplinar". Espacio, Tiempo y Forma (9): 99–121. ISSN 1131-7698. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar