Amador Cortés

futbolista español

Amador Cortés García, nado en Betanzos o 15 de agosto de 1937 e finado en Palma de Mallorca o 15 de xuño de 2005, foi un futbolista galego. Xogaba de centrocampista.

Amador Cortés
Información persoal
Nome Amador Cortés García
Nacemento 15 de agosto de 1937
Lugar de nacemento Betanzos
Falecemento 15 de xuño de 2005
Lugar de falecemento Palma
Posición Centrocampista
Carreira xuvenil
Brigantium
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1956–1958 Deportivo da Coruña 28 (6)
1959–1964 Atlético de Madrid 45 (1)
1964–1966 Mallorca 30 (4)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Na tempada 1956–57 fichou polo Deportivo da Coruña, adestrado inicialmente por Ángel Zubieta e logo por Diego Villalonga (quen non contou con Amador). Nese ano, no equipo coruñés xogou tan só dous partidos, estreándose na primeira xornada, cunha derrota en Riazor fronte ao Atlético de Madrid (0–4). Volveu xogar na xornada 10, nunha nova derrota esta vez fronte ao Celta de Vigo, de novo en Riazor (0–3). Amador, de 19 anos, foi dos centrocampistas menos habituais dentro dos suplentes, tendo máis notoriedade xogadores como Julián Cuenca, Manuel Lechuga ou Enrique Sierra, e xogando os mesmos partidos que o veterano Juanín. Ao final da campaña o equipo descendeu a Segunda División. Na súa segunda campaña como branquiazul, participou en 26 encontros e anotou 6 goles.

Na tempada 1959–60 fichou polo Atlético de Madrid, equipo co que gañou dúas Copas do Rei e unha Recopa de Europa nas 5 campañas que permaneceu no club colchonero.

Na tempada 1964–65 fichou polo Mallorca, en Segunda División, co que logrou o ascenso. Permaneceu un ano máis no club balear, onde se retirou, tras sufrir unha lesión nun xeonllo, que o obrigou a deixar o fútbol.

Apaixonado gastrónomo, durante 30 anos mantívose á fronte do restaurante "Casa Gallega" en Mallorca.

Faleceu en 2005 en Palma de Mallorca, onde vivía.[1]

Palmarés editar

Atlético de Madrid
Mallorca

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar