Juan Cortiñas Méndez

futbolista galego

Juan Cortiñas Méndez, alcumado Juanín, nado en Monforte de Lemos o 24 de outubro de 1925, é un exfutbolista galego. Xogaba de centrocampista. Foi irmán do tamén futbolista Emilio Cortiñas Méndez, finado en 1937.

Juanín
Información persoal
Nome Juan Cortiñas Méndez
Nacemento 24 de outubro de 1925
Lugar de nacemento Monforte de Lemos
Posición Centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1948–1953 Celta de Vigo 38 (22)
1956–1957 Deportivo da Coruña 2 (1)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Na tempada 1948–49 debutou en Primeira División co Celta de Vigo.

Na tempada 1956–57 fichou polo Deportivo da Coruña, adestrado inicialmente por Ángel Zubieta e logo por Diego Villalonga (quen non contou con Juanín). No equipo coruñés xogou tan só dous partidos, estreándose na primeira xornada, cunha derrota en Riazor fronte ao Atlético de Madrid (0–4). Volveu xogar na xornada 11, nunha nova derrota esta vez fronte ao Condal a domicilio (2–1), onde marcou o único tanto deportivista. Juanín, de 31 anos, foi dos centrocampistas menos habituais dentro dos suplentes, tendo máis notoriedade xogadores como Julián Cuenca, Manuel Lechuga, Enrique Sierra ou Amador Cortés. Ao final da campaña o equipo descendeu a Segunda División.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar