Enrique Sierra Rubio

futbolista español

Enrique Sierra Rubio, nado en Valdemoro-Sierra (Cuenca) o 7 de marzo de 1931 e finado o 3 de xullo de 1995, foi un futbolista español. Xogaba de centrocampista.

Enrique Sierra
Información persoal
Nome Enrique Sierra Rubio
Nacemento 7 de marzo de 1931
Lugar de nacemento provincia de Cuenca
Falecemento 3 de xullo de 1995
Posición Centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1953–1954 Sporting de Gijón 15 (0)
1956–1967 Deportivo da Coruña 4 (1)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Debutou na tempada 1953–54 en Primeira División co Sporting de Gijón, equipo que perdeu a categoría ao final da campaña.

Na tempada 1956–57 fichou polo Deportivo da Coruña, adestrado inicialmente por Ángel Zubieta e logo por Diego Villalonga (quen non contou con Amador). No equipo coruñés xogou tan só catro partidos partidos e logrou un gol, estreándose na segunda xornada, cunha vitoria fronte ao Real Jaén a domicilio (2–3). Volveu ser titular na xornada seguinte, nunha derrota contra o Las Palmas a domicilio (2–0), así como na xornada 15, onde logrou o seu único gol esa campaña, nunha derrota fronte o Real Valladolid (3–2). O seu último partido foi na xornada 19, nunha nova derrota a domicilio contra o Athletic Club (2–0). Enrique, de 25 anos, foi dos centrocampistas menos habituais dentro dos suplentes, tendo máis notoriedade xogadores como Julián Cuenca ou Manuel Lechuga, pero xogando máis partidos que Amador Cortés e o veterano Juanín. Ao final da campaña o equipo descendeu a Segunda División.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar