Almirante Fontán, Baíña, Baiona

lugar da parroquia de Baíña, no concello de Baiona

Almirante Fontán é un lugar da parroquia de Baíña, no concello pontevedrés de Baiona, na comarca de Vigo. Segundo o IGE,[1] en 2015 tiña 253 habitantes (121 homes e 132 mulleres).

Almirante Fontán
ParroquiaBaíña
ConcelloBaiona
Poboación253 hab. (2015)
editar datos en Wikidata ]

HistoriaEditar

É un barrio de vivendas de protección oficial construídas polo Instituto Social da Mariña a comezos da década de 1970 para acoller familias mariñeiras, debido á proximidade ó núcleo de Baiona e ó mar. É un caso semellante ó barrio da Anunciada.

Antes da construción do barrio, o terreo era coñecido como Monte de Santo Estevo, debido á capela na honra deste santo preto do Burgo. Ademais dáballe nome á praia agora chamada de Santa Marta (capela que se atopa tamén preto desta).

O lugar debe o seu nome a Jesús Fontán Lobe, mariño que participou na difusión do Opus Dei en Galicia, responsable da Casa Militar de Francisco Franco e xefe dos servizos secretos españois durante a segunda guerra mundial. Porén, o barrio é coñecido con máis frecuencia como O Chaparral.[2]

Lugares e parroquiasEditar

Lugares de BaíñaEditar

Lugares da parroquia de Baíña no concello de Baiona (Pontevedra)

Almirante Fontán | O Burgo | O Cruceiro | Os Eidos | As Fontes | A Igrexa | As Laxes | O Río | San Cosme | Santa Marta

Parroquias de BaionaEditar

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Baiona

Baíña (Santa Mariña) | Baredo (Santa María) | Baiona (Santa María de Fóra) | Baiona (Santa María) | Belesar (San Lourenzo) | Santa Cristina da Ramallosa (Santa Cristina)

NotasEditar