A Anunciada, Santa María de Fóra de Baiona, Baiona
A Anunciada é un barrio da parroquia de Santa María de Fóra de Baiona, no concello pontevedrés de Baiona. Segundo o IGE, no 2015, tiña 210 habitantes (109 homes e 101 mulleres).[1]
A Anunciada | |
---|---|
Parroquia | Santa María de Fóra de Baiona |
Concello | Baiona |
Coordenadas | 42°06′59″N 8°51′03″O / 42.116472454554, -8.8507807253826Coordenadas: 42°06′59″N 8°51′03″O / 42.116472454554, -8.8507807253826 |
Poboación | 210 hab. (2015) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarO barrio da Anunciada está constituído por vivendas de protección oficial construídas no ano 1939, logo da guerra civil española. Estas vivendas tiñan por obxectivo elevar o nivel de vida da xente máis humilde que vivía en sotos e pisos co chan de terra (casas terreñas). Inauguráronse na década de 1950. As primeiras familias trasladáronse alí cando non había auga nin luz, a cambio dunha renda moi baixa.[Cómpre referencia]
Antes de se construíren as vivendas, o lugar recibía o nome do Piñeiro. Asignóuselle o nome da Anunciada na honra da Virxe da Anunciada, patroa de Baiona. A barriada coñécese tamén popularmente como Corea.[2]
Lugares e parroquias
editarLugares de Santa María de Fóra de Baiona
editarLugares da parroquia de Santa María de Fóra de Baiona no concello de Baiona (Pontevedra) | |
---|---|
Cova Terreña | Loureiral | Percebelleira | Santo Antón |
Parroquias de Baiona
editarNotas
editar- ↑ IGE. "Nomenclátor de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 30/12/2020. Consultado o 07/11/2014.
- ↑ País, Ediciones El (1997-04-21). "Un niño de 16 meses ingresa cadáver en un hospital de Vigo tras ingerir droga". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 2017-08-25.