Alla Pugacheva

(Redirección desde «Alla Pugachova»)

Alla Borisovna Pugacheva (ruso: Алла Борисовна Пугачёва), nada en Moscova (Unión Soviética) o 15 de abril de 1949 é unha cantante rusa que vendeu máis de 250 millóns de álbums, o que a converten nunha das cantantes que vendeu máis discos en solitario da historia. Foi recoñecida como artista distinguida da RSFSR en 1980, Artista do Pobo da RSFSR en 1985 e Artista do Pobo da URSS en 1991. Logo da descomposición da URSS a súa popularidade non decaeu e obtivo o sobrenome de "diva emblema" da Federación Rusa e unha medalla de honor en 1994 das mans do presidente Boris Eltsin. En 2009 obtivo do presidente Dmitrii Medvedev a Orde do Mérito pola Patria de III clase, unha das máis altas condecoracións a civís en Rusia.

Alla Pugacheva
AlcumeБорис Горбонос
Nacemento15 de abril de 1949
Lugar de nacementoMoscova
NacionalidadeUnión Soviética, Rusia, Chipre e Israel
RelixiónIgrexa ortodoxa
Alma máterRussian Institute of Theatre Arts, Ippolitov-Ivanov State Musical Pedagogical Institute e Moscow State School 57
Ocupaciónactriz, cantautora, presentadora de televisión, produtora musical, compositora, modelo, pianista, realizadora, presentadora, produtor, emprendedora, cantante, mestra, principal director, artista discográfico, letrista e pedagoga
CónxuxeMykolas Orbakas, Alexander Stefanovich, sen etiquetar, Philipp Kirkorov e Maxim Alexandrowitsch Galkin
FillosKristina Edmundowna Orbakaite, sen etiquetar e sen etiquetar
PremiosOrder of St. Mesrop Mashtots, Artista do Povo da URSS, Order "For Merit to the Fatherland", 2nd class, Order "For Merit to the Fatherland", 3rd class, Order "For Merit to the Fatherland", 4th class, People's Artist of the RSFSR, Artista de Honor da RSFSR, State Prize of the Russian Federation, Dostlug Order, Through Art – to Peace and Understanding, Order of the Friendship of Peoples, 100 Mulleres da BBC e Prêmio Gramofone de Ouro
Na rede
https://alla.net.ru/
IMDB: nm0700010 Rottentomatoes: celebrity/alla_pugacheva Allmovie: p253770
Instagram: alla_orfey Youtube: UCtLuREHRfDQbKAzlomUvgzQ Souncloud: allapughachiova Spotify: 7lyhSLlB5fWJmU5eB6k84L iTunes: 412930766 Last fm: Алла+Пугачёва Musicbrainz: 2f745f25-7681-4c44-b713-34d37a307575 Songkick: 340371 Discogs: 490460 Allmusic: mn0000468192 Deezer: 4369158 Genius: Alla-pugacheva Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

As súas cancións caracterízanse polas súas melodías artísticas, a lírica enxeñosa e a súa presenza vocal, case teatral. Traballou tamén no cinema e no teatro.

Traxectoria editar

Comezou a súa carrira en 1965 e dende entón obtivo numerosos premios musicais. En 1978 gañou o Festival Internacional da Canción de Sopot, coa canción Vsio mógut korolí.

En 1986, pouco despois do accidente de Chernóbil, trasladouse a Pripyat e ofreceu un concerto gratuíto aos "liquidadores" que traballaban para controlar os efectos da catástrofe. En 1997 representou a Rusia no Festival de Eurovisión coa canción Prima Donna.

Pugacheva caracterízase tamén por axudar os novos talentos a acadar a fama, como fixo co grupo Nautilus Pompilius e con Viacheslav Butusov.

Aínda que case todas as súas cancións as interpreta en ruso e ela mesma se recoñece como cantante para esta lingua, en 1985 gravou un disco que se coñeceu como Watch Out.

Discografía editar

A súa discografía componse de máis de 30 discos.

Álbums orixinais en solitario editar

Ano (P) Número Título orixinal Título en inglés Formato Compañía, país
1976 Золотой Орфей 76 Golden Orpheus 76 LP en directo Balkanton, Bulgaria
1977 C60 09799-2 Зеркало души The Mirror of the Soul* Dobre LP Melodiya, URSS
1979 C60 11975-6 Арлекино и другие Harlequin and Other Songs* LP
1980 C60 14429-0 Поднимись над суетой Be Beyond a Fuss of Life* LP
1980 C60 14935-6 То ли ещё будет Something's Still to Come* LP
1982 C60 17663-6 Как тревожен этот путь How Disturbing Is This Way* Dobre
1985 C90 21357-8 Ах, как хочется жить Ah, How I Want to Live LP
1985 WRM LP01 Watch Out Watch Out LP World Record Music, Suecia
1986 C60 24717-8 ...счастья в личной жизни! ...and Happiness in Private Life* LP Melodiya, URSS
1986 C60 25059-0 Пришла и говорю I'm Here Talking to You* LP Melodiya, URSS
1990 SUCD 60 00122 Алла Alla CD Melodiya, URSS
1991 10191-40191 Рождественские встречи 1990 Christmas meetings 1990 2LP Russian disc, URSS
1992 STEREO R60 00887 Рождественские встречи 1991 Christmas meetings 1991 2LP Russian disc, Russia
1995 SZCD0475 Не делайте мне больно, господа! Don't Hurt Me, Gentlemen CD Soyuz, Russia
1998 Ex 98073 Да! Yes! CD Extraphone, Russia
2001 АБП 0037 Речной трамвайчик River Tram CD Alla, Russia
2002 АБП 0038 А был ли мальчик Was There a Boy? CD Alla, Russia
2003 АБП 0055,

МТ 702909-288-1

Живи спокойно, страна! Live Peacefully, My Country! CD Alla & Monolit, Russia
2008 АБП 0055,

МТ 702909-288-1

Приглашение на закат Invitation to a Sunset CD Alla

* Título oficial en inglés.