Abrir o menú principal

Alfonso Balseiro Gómez

político galego
(Redirixido desde "Alfonso Emilio Balseiro Gómez")

Alfonso Emilio Balseiro Gómez, nado o 8 de marzo de 1946 en Mañón, é un político galego do PPdeG.

Alfonso Balseiro Gómez
Nacemento8 de marzo de 1946
 Mañón
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Traballador autónomo. Presentouse ás eleccións municipais de 1983 en Mañón dentro das listas da Coalición Popular, sendo elixido concelleiro. Trala morte de Manuel Cora Rodríguez en xaneiro de 1987 é elixido alcalde, ocupando o posto ata as eleccións municipais de 1987. Neses comicios concorre xunta outros anteriores integrantes de AP como número dous dunha lista independente encabezada polo médico Ricardo Héctor Sanz, a cal resultou ser a segunda forza máis votada por detrás do PSdeG, conseguindo a alcaldía para o seu cabeza de lista grazas aos votos dos concelleiros de AP. Porén, trala marcha do rexedor en febreiro de 1988, volve ser elixido alcalde, tamén grazas ao apoio de dous concelleiros de AP. Nas municipais de 1991 encabezou a candidatura do PPdeG e tamén foi elixido por maioría absoluta. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións sempre con maioría absoluta. Foi deputado provincial (2007-2011).

Nas eleccións municipais de 2019 acadou de novo a alcaldía.[1]

Predecesor:
Manuel Cora Rodríguez
  
Alcalde de Mañón
 
1987
Sucesor:
Ricardo Héctor Sanz
Predecesor:
Ricardo Héctor Sanz
  
Alcalde de Mañón
 
1988 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Véxase taménEditar