Alfonso Abelenda

pintor e humorista gráfico galego

Alfonso Pedro Abelenda Escudero, nado na Coruña o 5 de outubro de 1931 e finado na mesma cidade o 21 de marzo de 2019,[1] foi un pintor e humorista gráfico galego, coñecido como Abelenda.

Modelo:BiografíaAlfonso Abelenda
Nome orixinal(es) Alfonso Pedro Abelenda Escudero Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de outubro de 1931 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte21 de marzo de 2019 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor, debuxante de banda deseñada Editar o valor en Wikidata
Familia
NaiPilar Escudero Ferro Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Páxina webabelenda.es Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1019999 BUSC: abelenda-escudero-alfonso-1931

Traxectoria

editar

Infancia e mocidade

editar

Abelenda naceu na rúa do Socorro en 1931, fillo de Pilar Escudero Ferro[2] e Alfonso Abelenda Rodríguez. Dende novo demostrou talento para as artes plásticas: o seu avó Saturnino e a súa nai animárono e aconsellárono nos seus primeiros pasos.

Estudou primaria e comezou o bacharelato nos Maristas da súa cidade, rematándoo no Colexio Academia Galicia, onde comezou a coñecer a arte contemporánea da man de Miguel González Garcés.[3] Gañou os 110 metros valados do campionato júnior de España en 1949.[4] Viaxou a Madrid para entrar na Escola de Arquitectura, despois de cursar dous anos de ciencias exactas en Compostela como preparación para a carreira. Alí, tomou clases de debuxo para preparar o ingreso, ademais de coñecer outros artistas e o ambiente artístico do Madrid da década de 1950. Comezou tamén a colaborar en revistas de humor como Don José e participou en varias exposicións colectivas.

Inicios: 1954-1960

editar

En 1954 expuxo individualmente na galería Lino Pérez da Coruña. Coas ganancias viaxou a Francia e volveu expor en 1955 nunha colectiva xunto a José María Labra, Antonio Tenreiro Brochón, Lago Rivera, Tomás Pereira e Alejandro G. Pascual; a raíz desta exposición pasaron a ser chamados por José Luis Bugallal a "xeración dos insurxentes", ou por Fernando Mon o "Grupo de Escisión".[5]

De volta en Madrid complementou os seus ingresos con "papeis de reacción" e como cabalista en filmes como Alexander the Great. Continuou os seus estudos en Madrid e en 1956 pasou a proba de debuxo, ao mesmo tempo que era chamado para cumprir o servizo militar, sendo destinado a Marrocos.

Continuou a colaborar con Don José e comezou traballar en El Día (diario bilingüe de Tetuán) e Diario África. Aproveitou os permisos para visitar cidades próximas no Rif como Xauen ou Bab Tazza, investigando novas paisaxes pictóricas. En Tetuán coincidiu con outros artistas como Dora Bacaicoa, Pío Gómez Nisa ou Mohamed Sabah. Tras dous anos de servizo militar, licenciouse e tras unha estadía en Cádiz regresou a Galicia, abandonando os estudos de ciencias exactas para dedicarse xa por completo á plástica. En 1958 realizou un tapiz para unha selección de doce artistas españois contemporáneos[6] para a exposición "Tapices modernos españoles del Ateneo".[7] Colaborou nos deseños do pavillón de España na Feira Mundial de Nova York de 1964.

Viaxes: 1960-1990

editar

Viaxou unha tempada a Londres, onde expuxo na Upper Grosvenor Galleries. Entre 1960 e 1970 alternou estadías en París, onde traballou para a Expo francesa en Moscova e para Petrus Bride, e en Madrid onde colaboraba en La Codorniz, Ya, Semana e outras publicacións mentres absorbía o ambiente de ambas as cidades. Expuso en Richelieu, traballou para Bidasoa e en 1967 gañou a "Paleta Agromán" de humor.[8][9]

En 1968 recibiu a primeira medalla do II Salón Nacional de Humoristas.[10] En 1973 publicou o libro de humor ilustrado El Abelendario, na editorial Planeta dentro da colección "La nariz". En 1974 trasladouse á Coruña, aínda que continuou a manter un estudio en Madrid. Comezou a colaborar entón con Cambio 16.

Viaxou a diversos países de América en colaboración coa galería Arabesque e coa Casa de Galicia, realizando exposicións en Buenos Aires, Cidade de México e Caracas. A finais da década estaba practicamente concentrado na pintura, facendo humor gráfico só de xeito ocasional.

Últimos anos

editar

Estableceuse na Coruña, mais continuou a expoñer en distintas cidades, ademais de colaborar ocasionalmente con El Ideal Gallego e La Opinión. En 1999 celebrouse no Kiosko Alfonso unha exposición retrospectiva sobre a súa obra. En 2005 ingresou como membro numerario na Real Academia de Belas Artes.[11]

Faleceu na Coruña en 2019 aos 87 anos, tras unha operación complicada por unha peritonite.

Obra pictórica

editar

Sendo principalmente figurativo, a representación que fixo foi principalmente expresionista. Empregou todos os recursos da pintura contemporánea, achegándose especialmente ao fauvismo e ao cubismo sintético, así como a capacidade dos materiais ao seu alcance para imprimir o ritmo desexado ás súas obras. Unha característica especial na súa obra foi a presenza de toques e pinceladas de vermello inesperadas que dinamizaban a pintura sen alterar o equilibrio da paleta.

Aínda que hai épocas que marcan o seu estilo, este tamén variou en función do tema, a técnica e as necesidades de cada obra.

  1. P.Q., A. (21 de marzo de 2019). "Fallece el pintor coruñés Alfonso Abelenda". La Opinión (en castelán) (A Coruña). Consultado o 22 de marzo de 2019. 
  2. El arte de Pilar Escudero
  3. Abelenda. Ánxeles Penas. ISBN 978-84-9812-079-0
  4. "Historial de campeonatos de España - aire libre" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de marzo de 2021. Consultado o 14 de marzo de 2021. 
  5. La Pintura Contemporánea En Galicia. Fernando Món Rodríguez. Atlántico, S. A
  6. Blanco y Negro
  7. NOT N 785 A
  8. ABC Madrid 05-07-167
  9. Agroman empresa construtora
  10. "Hemeroteca diario Madrid 20/11/1968". Arquivado dende o orixinal o 02/11/2013. Consultado o 14/03/2021. 
  11. Real Academia Gallega de Belas Artes

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar