Abrir o menú principal

Pilar Escudero Ferro

pintora galega

Pilar Escudero Ferro nada en 1904 na Coruña e falecida o 4 de abril de 2009. Nada nunha familia de artistas e de escultores. O seu fillo é o pintor Alfonso Abelenda.[1]

Pilar Escudero Ferro
Nacemento1904
 A Coruña
Falecemento4 de abril de 2009
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Alma máterautodidatismo
Ocupaciónpintora
FillosAlfonso Abelenda
editar datos en Wikidata ]

BiografíaEditar

Estaba casada co médico Alfonso Abelenda. Nai de dous fillos: o pintor Alfonso e Pedro, músico e artista. Familia de artistas, os Escudero, oriundos de Pontevedra estaban ligados ao negocio da construción. A familia tiña obradoiros de mármore e carpintaría na praia do Orzán, na rúa Socorro. O seu pai, Saturnino Escudero Monteagudo, e o seu tío José foron enviados polo avó de Pilar a Carrara, Italia, para formarse na escultura e arquitectura. Polo seu obradoiro pasaría a intelectualidade republicana da cidade e persoeiros locais. Do seu obradoiro son traballos como o Obelisco dos Cantóns, o Kiosco Alfonso ou boa parte dos mausoleos do cemiterio de Santo Amaro da Coruña.

NotasEditar