Alexander Vladimirovich Bykov

historiador, etnógrafo e numismático ruso


Alexander Vladimirovich Bykov (en ruso: Алекса́ндр Влади́мирович Бы́ков), nado en Vólogda o 10 de agosto de 1962, é un historiador e etnógrafo ruso, un dos máximos especialistas en numismática do seu país.[1]

Infotaula de personaAlexander Vladimirovich Bykov



Biografía
Nacemento10 de agosto de 1962
Vólogda .
Unión Soviética Unión Soviética
Datos persoais
País de nacionalidade Rusia.
EducaciónUniversidade Pedagóxica Estatal de Vólogda.
Tese académicaCirculación monetaria no norte europeo de Rusia na primeira metade do século XVII (1994).
Director de teseElena Ivanovna Kamentseva.
Actividade
Campo de traballoHistoria, numismática e Etnografía Editar o valor em Wikidata
OcupaciónNumismático e historiador.
EmpregadorMuseo do Corpo Diplomático
ProfesoresYelena Kamentseva (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaRuso.
Premios
Medalla pola Contribución Destacada ao Desenvolvemento do Coleccionismo en Rusia.

Páxina webhttps://alex-bykov35.livejournal.com/

Bykov é tamén editor e foi o fundador e director do primeiro museo privado ruso de historia política, o Museo do Corpo Diplomático, en Vólogda.

Traxectoria

editar

Primeiros anos e formación

editar

Alexander Bykov naceu en 1962 en Vólogda, no óblast ruso do mesmo nome, daquela na Unión Soviética.[2]

En 1984 graduouse no Departamento de Historia do Instituto Pedagóxico Estatal de Vólogda. Logo da súa graduación traballou brevemente nunha escola de ensino secundario e logo fixo o seu servizo militar servindo no Grupo de Forzas Soviéticas en Alemaña.[2]

Carreira profesional

editar

Bykov comezou a súa carreira como coordinador-consultor de museos públicos no Museo de Costumes, Historia e Economía Locais de Vólogda. Mentres ocupaba este cargo, realizou varias viaxes de traballo por todo o óblast de Vólogda que tiveron como consecuencia a creación e a reconstrución de cinco museos en diversos distritos da rexión.[2]

En 1989, Alexander Bykov foi invitado pola Administración rexional de Vólogda a traballar como especialista en patrimonio histórico-cultural no Departamento de Cultura. Os seus esforzos impediron a posta de numerosos monumentos do patrimonio histórico-cultural baixo a supervisión da Igrexa Ortodoxa Rusa sen se asegurar de que fosen ben coidados e renovados. Ademais, Bykov opúxose a transferir a icona da Zyrianskaya Troitsa” (a "Santísima Trindade") do século XV á República dos Komis, mesmo enfrontándose á postura contraria do representante do presidente da Federación de Rusia na provincia de Vólogda. Bykov contou co apoio doutras figuras culturais da rexión e a icona ficou na colección do museo de Vólogda.[2]

En 1992, Bykov deixou a función pública e comezou a dedicarse a actividades privadas, aínda que continuou coas súas investigacións. En 1994, Bykov defendeu a súa tese de doutoramento na cátedra de Disciplinas Históricas Auxiliares da Universidade Estatal de Humanidades de Rusia, sobre a circulación monetaria na parte norte da Rusia europea no século XVII, baixo a supervisión de Elena Ivanovna Kamentseva.[3] E en 1997 organizou a creación do Museo do Corpo Diplomático, o primeiro museo privado ruso de historia política.[2][4]

 
A. V. Bykov (esquerda) como director do Museo do Corpo Diplomático", xunto co daquela embaixador dos EEUU en Rusia e o vicegobernador da rexión de Vólogda (1998).

De 2002 a 2009, Bykov foi o editor dunha revista de historia local, titulada Piatnitskiy Boulevard.[2] Ao mesmo tempo, organizou exposicións sobre a historia da cidade e da rexión de Vólogda, e sinaladamente acerca da historia dos traxes típicos rusos, as postais antigas, tarxetas de visita etc. Os seus libros, os seus artigos e as súas colleitas de contos son moi coñecidos en Rusia entre os especialistas en museos e os amantes da historia.

En 2011 iniciouse unha causa penal contra Bykov, acusado de aceptar un suborno, que terminou en condena. A decisión do tribunal provocou reaccións encontradas nos medios de comunicación,[5] mais o tribunal rexional non modificou substancialmente a sentenza orixinal.[6]

Labor científico

editar

O primeiro artigo de A. Bykov publicouse o 21 de febreiro de 1981 no xornal local de Vólogda Krasniy Sever ("Norte Vermello"), e estaba dedicado ao gran tesouro de moedas de cobre utilizadas na época de Catarina II, que se achara pouco antes nas aforas de Vólogda. A publicación deste artigo deu lugar a unha produción para a televisión sobre o tesouro que se emitiu en forma de serie en moitas rexións da Unión Soviética.[7]

Ao mesmo tempo, Bykov estudou os tesouros dos séculos XVI ao XVIII nos museos rexionais e do distrito. Os seus artigos apareceron en recompilacións de historias do Museo Estatal de Historia de Moscova e en resumos científicos do distrito. Na segunda metade da década de 1980, na serie "Memoriais da numismática nos museos rexionais de Vólogda", apareceron os catálogos seus "Tesouros da época dos disturbios" e "Tesouros das décadas de 1830 e 1840".[8]

En 1982 Bykov comezou a participar permanentemente en conferencias numismáticas. En 1993 organizou e celebrou a primeira convención numismática de toda Rusia en Vólogda, un evento que iniciou unha tradición de conferencias anuais en toda Rusia e que tamén contribuíu á unión de especialistas en numismática da maioría das cidades de Rusia, das repúblicas da Comunidade de Estados Independentes e doutros países. En 1994-1995, baixo os auspicios da conferencia, publicouse unha serie (nove edicións) dunha miscelánea literaria e numismática internacional chamada Moneta, editada e financiada polo propio Bykov. Moneta foi considerada a publicación científica rusa máis importante sobre numismática e a única publicación científica periódica sobre esta disciplina en todo o país nese período.[1]

 
A. V. Bykov na inauguración da conferencia internacional “Rusia e a comunidade mundial no século XX” (Vólogda, 1998)

En 1996, un ano despois do seu doutoramento, Bykov comezou a traballar nun novo proxecto histórico. Reuniu materiais sobre a estadía do corpo diplomático da Tripla Entente en Vologda en 1918, para o que tivo acceso a arquivos especiais en Rusia, os Estados Unidos e Francia. En 1998 publicouse o seu primeiro gran traballo sobre este tema, co título traducido de “Capital diplomática de Rusia”.[9][10]

Ao mesmo tempo organizou e celebrou a conferencia internacional “Rusia e a comunidade mundial a principios do século XX: teoría e práctica das relacións mutuas”, dentro do Museo do Corpo Diplomático. En 1999, Bykov traballou nunha nova monografía publicada o ano seguinte, sobre o destino dos grandes duques Romanov, exiliados en 1918 en Vólogda e asasinados a tiros sen investigacións criminais lexítimas nin pronunciamentos de carácter xudicial.[11][12]

En xaneiro de 2009, Bykov publicou un novo libro no que tratou o primeiro amor do poeta ruso Nikolai Rubtsov por Tatiana Reshetova. O poeta dedicou máis de 20 poemas a Reshetova, incluído o famoso "Bouquet". O autor logrou obter información e materiais únicos sobre Rubtsov de Reshetova. Interesábanlle os materiais que se utilizaran para a trama dos poemas. Antes de Bykov ninguén fixera unha investigación tan detallada sobre o primeiro amor do poeta. No mesmo libro, Bykov describiu o encontro de Reshetova e Rubtsov, as súas datas, as cartas, a separación e o amor que o poeta sentiu durante moitos anos e que plasmou na súa poesía.[13]

Publicacións

editar

Escolma de monografías

editar
  • (1989). Клады Смутного времени 1605—1619 гг. Каталог ["Tesouros da época dos disturbios 1605-1619. Catálogo"]. MFK, Vólogda.
  • (1990). Народный костюм Вологодской области. Костюм Кадниковского уезда Вологодской губернии XIX-начала XX ["Traxe popular da rexión de Vólogda. Traxe do distrito Kadnikovsky da provincia de Vólogda do século XIX e principios do XX."]. Bólogda.
  • (1992). Клады 30-40 гг. XVII в. Исследование и каталог ["Tesouros de 30-40 anos. Sécullo XVII. Investigación e catálogo"]. Vólogda.
  • (1993). Тайну клада не гарантируем ["Non garantimos o segredo do tesouro"]. Lis, Vólogda.
  • (1994). Денежное обращение на территории Европейского Севера России в первой половине XVII в. ["Circulación monetaria no territorio do norte europeo de Rusia na primeira metade do século XVII"] Universidade Estatal Rusa de Humanidades.
  • (1997). Дипломатический корпус в Вологде в 1918 ["Corpo diplomático en Vólogda en 1918"]. Ardvisura, Vólogda.
  • (1997). Diplomatic Corps in Vologda ["Capital diplomática de Rusia"]. Ardvisura, Vólogda.
  • (1998). Дипломатическая столица России ["Capital diplomática de Rusia"]. Ardvisura, Vólogda.
  • (1999). От зимних святок до Филиппова заговения. Народный костюм земли Вологодской в достоверных рисунках и правдивых рассказах ["Traxe popular da terra de Vólogda en debuxos auténticos e historias reais"]. MDK, Vólogda.
  • (2000). Путь на Голгофу. Хроника гибели великих князей Романовых ["O camiño ao Gólgota. Crónica da morte dos Grandes Duques dos Romanov"]. MDK, Vólogda.
  • (2002). У Спаса на погосте ["No centenario do Salvador"]. MDK, Vólogda.
  • (2004). Пава и древо: очерки истории вологодского кружевоплетения ["Fol e madeira: ensaios sobre a historia do encaixe de Vologda"]. MDK, Vólogda.
  • (2006). Исследование. Каталог. Ч. 1-2.. ["Moedas de Albania. Partes 1-2"]. MDK, Vólogda.
  • (2008). Посланники Запада ["Enviados de Occidente"]. MDK, Vólogda.
  • (2009). И золотое имя Таня… Повесть о первой любви поэта Николая Рубцова ["E o nome de ouro Tanya... A historia do primieiro amor do poeta Nikolai Rubtsov"]. MDK, Vólogda.
  • (2009). Точка зрения слуги. «Письма американского негра о русской революции (1917-1918 гг.) ["O punto de vista do servo. “Cartas dun negro americano sobre a Revolución Rusa (1917-1918)”]. MDK, Vólogda.
  • (2011). «В этом была вся суть…»: Британский дипломат Ф. О. Линдлей и его «Русские мемуары 1915-1919 гг» [“«Ese era o punto…»: o diplomático británico F. O. Lindley e os seus “Memorias rusas 1915-1919”"]. MDK, Vólogda.
  1. "Александр Владимирович Быков (историк)". Filbusta.site
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "Быков А.В.. Книги онлайн". Koob.ru
  3. Véxase "(1994)" en "Publicacións".
  4. "Музей дипломатического корпуса в Вологде". Musdip.org
  5. Шабанов П. "Кривосудие по вологодски, или Пьеса из местной жизни, в которой говорится о Быкове, горном баране и козлах". Bmecte (движениевместе.рф). 23 de agosto de 2011.
  6. "Кассационное определение Вологодского областного суда по уголовному делу № 22-1878/2011" ["Sentenza de casación do Tribunal Rexional de Vólogda na causa penal núm. 22-1878/2011"]. Oblsud.vld.sudrf.ru
  7. Каменцева Е. И. (2001). Маленький юбилей // Международный нумизматический альманах «Монета». MDK, Vólogda. Ed. 8.
  8. Véxase "(1992)" en "Publicacións".
  9. Véxase "(1996)" en "Publicacións".
  10. Véxase "(1998)" en "Publicacións".
  11. Véxase "(2000)" en "Publicacións".
  12. Véxase "(2000)" en "Publicacións".
  13. Véxase "(2009)" en "Publicacións".