Alberto Medeiros

actor galego de televisión e cinema

Julio Alberto Ferreira Medeiros, coñecido como Alberto Medeiros, nado na Ponte Noalla (San Cibrao das Viñas) o 20 de decembro de 1989, é un actor galego de televisión e teatro.

Infotaula de personaAlberto Medeiros
Biografía
Nacemento20 de decembro de 1989 Editar o valor em Wikidata (34 anos)
A Ponte Noalla, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor de televisión , actor de cinema , actor de teatro Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm6576203 Facebook: julioalberto.ferreiramedeiros Instagram: alber_m Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

O seu primeiro contacto coas artes do espectáculo tívoo de neno, xogando no Circo dos Muchachos.[1] Fixo o bacharelato de Artes no IES As Lagoas de Ourense e logo graduouse en Interpretación na Escola Superior de Arte Dramática de Vigo, e mais en trompeta no Conservatorio de música de Ourense.

Os seus inicios como actor de teatro estiveron vinculados ao teatro universitario de Ourense (con xente como Fernando Dacosta ou Fina Calleja) e onde chegou a coordinar a Mostra Internacional de Teatro Universitario[1]; e posteriormente ao grupo de teatro da Escola Superior de Arte Dramática, con Afonso Becerra ou Chiqui Pereira. Ao mesmo tempo participou en distintas curtametraxes (dirixido por Dani de la Torre e Alberto de la Torre entre outros) e mais como actor en anuncios de publicidade.[2]

O seu primeiro papel de éxito chegoulle en 2019, cando participou na serie de televisión La unidad (primeira tempada), dirixido por Daniel de la Torre, onde recuncou na segunda tempada (2021).

Tamén nese 2021 representou en teatro 'Semente de Nós', co grupo Sarabela, o seu espectáculo de maior transcendencia.[3] ata a data, e mais rodou a súa primeira longametraxe, 'El cuarto de la mona', de Darío Autrán.[2]

Obra escollida editar

Teatro editar

Televisión editar

Cinema editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Doallo, María (2023-10-14). "El actor ourensano de «La Unidad» compagina la interpretación, con la música, el arte y la vida en el campo". La Voz de Galicia. Consultado o 2023-11-19. 
  2. 2,0 2,1 "CV de Alberto Medeiros" (PDF). Asociación de Actores e Actrices de Galicia. Consultado o 19/11/2023. 
  3. V. Lopo, Mónica (2023-11-19). "Alberto Medeiros, el sueño cumplido de ser actor". La Región. Consultado o 2023-11-19.