Domènec Francesc Jordi Badia i Leblich, nado en Barcelona o 1 de abril 1766 e finado en Damasco en 1818, foi un espía, arabista e aventureiro catalán, coñecido tamén como Alí Bey el-Abbassi.

Infotaula de personaAlí Bey

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Domingo Francisco Jorge Badía y Leblich Editar o valor em Wikidata
1 de abril de 1767 Editar o valor em Wikidata
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Morte30 de agosto de 1818 Editar o valor em Wikidata (51 anos)
Damasco Editar o valor em Wikidata
Causa da morteDisentería Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónexplorador , espía , político , escritor , arabista (pt) Traducir , militar Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá, lingua catalá e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Traxectoria editar

Fillo de Pedro Badía e Catalina Leblich. En 1778 trasladouse a Cuevas de Almanzora (Vera, provincia de Almería) a causa do nomeamento do seu pai como contador de guerra e tesoureiro do partido xudicial de Vera. Alí, comeza a interesarse polo mundo musulmán debido ao ambiente mourisco que predominaba por aquel entón naquela comarca. En 1792 múdase, xunto á súa esposa Mariquita, a Córdoba para desenvolver o seu traballo como Administrador de Rendas de Tabaco. En Córdoba estuda árabe e interésase pola aerostación. Esta última levouno á bancarrota e, en 1793, decide marchar á Corte con toda a súa familia.

No ano 1803, por encargo de Manuel Godoy (Primeiro Ministro de Carlos IV), emprendeu unha longa viaxe por territorios musulmáns, facéndoo camuflado como notable musulmán descendente dos Abbasíes e baixo o nome de "Ali Bey el-Abbasí". As súas viaxes levárono a Marrocos, Alxeria, Libia e diversas rexións do Imperio Otomán (Exipto, Arabia, Siria, Turquía e Grecia), visitando rexións nas que nunca antes estivera un occidental.

En 1808, en plena guerra de independencia despois dunha conversación con Carlos IV que o decepciona profundamente, preséntase a Napoleón para prestarlle os seus servizos. Este desconfía ao comezo, porén máis tarde envíao xunto cunha carta de recomendación ao seu irmán José I.

O 5 de abril de 1810, é nomeado prefecto da cidade de Córdoba por José I, ostentando este cargo por espazo de 15 meses ata o 14 de xullo de 1811.

En 1818, tras cambiar o seu antigo nome polo de "Alí Othman" diríxese a Damasco. Con todo é descuberto polos servizos de intelixencia ingleses que o envelenan.

Home dunha ampla cultura, deixou escrita unha narración das súas viaxes e magníficos debuxos titulada Viaxes en Marrocos, Trípoli, Chipre, Arabia,Siria e Turquía, nos que xunto con descricións pormenorizadas das cidades que visitou, plasmou as súas observacións sobre xeografía, botánica, zooloxía, entomoloxía, xeoloxía e meteoroloxía. Un dos episodios máis destacables da súa viaxe é a peregrinación a A Meca, sendo o primeiro europeo en pisar estas rexións e en entrar no santuario da Kaaba.

As súas viaxes foron lidas en toda Europa e promoveron a curiosidade pola cultura islámica. Admirárono, aínda que con certas reticencias, Sir Richard Francis Burton, quen realizou unha proeza semellante, e Alexander von Humboldt.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.