Abrir o menú principal

Aeroporto de Pittsburgh

O aeroporto internacional de Pittsburgh (IATA: PITOACI: KPIT), anteriormente coñecido como aeroporto internacional de Greater Pittsburgh, é un aeroporto civil e militar estadounidense situado nos suburbios de Pittsburgh, Pensilvania. Está situado nos municipios de Findlay e Moon no condado de Allegheny, a uns 30 quilómetros ao oeste do centro de Pittsburgh.

Aeroporto de Pittsburgh
Pittsburgh International Airport

Pittsburgh International Airport aerial view.jpg

IATA: PIT – ICAO: KPIT – FAA: PIT – LID: PIT
Sumario
Tipo público/militar
Propietario Condado de Allegheny
Operador Allegheny County Airport Authority
Cidade/Illa Pittsburgh
Elevación (msnm) 367 metros / 1 204 pés
Coordenadas 40°29′46″N 80°14′46″O / 40.496, -80.246Coordenadas: 40°29′46″N 80°14′46″O / 40.496, -80.246
Web http://www.flypittsburgh.com/
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
10R/28L 3 505 11 500 formigón
10C/28C 3 284 10 775 asfalto/formigón
10L/28R 3 201 10 502 asfalto/formigón
14/32 2 469 8 101 formigón
Estatísticas (2017)
Pasaxeiros 8 988 016[1]

Foi construído para substituír ao aeroporto do condado de Allegheny, máis preto da cidade pero demasiado pequeno para poder manexar o crecente número de pasaxeiros. A construción do novo aeroporto comezou en 1946 e inaugurouse en 1952. Co paso das décadas o tráfico de pasaxeiros foise incrementando, especialmente cando US Airways estableceu un dos seus principais centros de conexións e ampliou os seus servizos domésticos e internacionais dende o aeroporto.

No ano 1987 o condado e a autoridade aeroportuaria levou a cabo unha gran mellora de case 1 000 millóns de dólares a petición de US Airways, que tiña un importante centro de conexións e asumíu gran parte dos gastos. As novas instalacións inauguráronse en 1992. A comezos do novo século as aeroliñas comezaron a ter problemas polos cambios nas condicións da economía, e US Airways comezou a reducir as súas operacións locais, cambiando por Filadelfia e Charlotte. Esta redución de voos cara o final da década levou ao peche parcial de dous vestíbulos do aeroporto.

Dende o ano 2015 o aeroporto tivo éxito atraendo aeroliñas de baixo custo, como Allegiant Air, Frontier Airlines e Spirit Airlines, xunto coas compañías internacionais Condor Flugdienst e WOW air.

O aeroporto de Pittsburgh é o máis concorrido do oeste de Pensilvania e o segundo do estado tras o aeroporto de Filadelfia. No ano 2017 pasaron polas súas instalacións un total de 8 988 016 pasaxeiros.[1]

Aeroliñas e destinosEditar

PasaxeirosEditar

Aeroliñas Destinos Refs
Air Canada Express Montreal-Trudeau (comeza en maio de 2018), Toronto-Pearson [2]
Alaska Airlines Seattle/Tacoma (comeza en setembro de 2018) [3]
Allegiant Air Austin, Jacksonville (FL), Nova Orleáns, Orlando/Sanford, Punta Gorda (FL), St. Petersburg/Clearwater
Estacional: Fort Walton Beach, Myrtle Beach, Savannah
American Airlines Charlotte, Chicago-O'Hare, Dallas/Fort Worth, Filadelfia, Phoenix-Sky Harbor
Estacional: Cancún, Nova York-LaGuardia
American Eagle Boston, Charlotte, Chicago-O'Hare, Miami, Nova York-JFK, Nova York-LaGuardia, Filadelfia, Raleigh/Durham, Washington-Nacional
Apple Vacations Chárter: Cancún, Punta Cana
Chárter estacional: Puerto Plata (comeza en marzo de 2018)<[4]
[5]
Condor Estacional: Frankfurt [6]
Delta Air Lines Atlanta, Detroit, Minneapolis/St. Paul
Estacional: Cancún, París-Charles de Gaulle
[7]
Delta Connection Boston, Detroit, Minneapolis/St. Paul, Nova York-JFK, Nova York-LaGuardia
Estacional: Orlando
[7]
Elite Airways Sarasota [8]
Frontier Airlines Estacional: Denver, Orlando
JetBlue Airways Boston, Fort Lauderdale
OneJet Albany (NY), Cincinnati, Hartford, Indianapolis, Kansas City,[9] Louisville, Memphis (comeza en marzo de 2018),[9] Milwaukee, Providence, Richmond, West Palm Beach[9]
Southern Airways Express Altoona, Bradford, DuBois (PA), Franklin/Oil City, Hagerstown (MD), Harrisburg, Jamestown (NY), Johnstown (PA), Lancaster (PA), Morgantown (WV) [10]
Southwest Airlines Atlanta, Baltimore, Chicago-Midway, Dallas-Love, Denver, Fort Lauderdale, Fort Myers, Houston-Hobby, Las Vegas, Os Ánxeles, Nashville, Nova Orleáns, Orlando, Phoenix-Sky Harbor, St. Louis, Tampa
Estacional: Cancún (comeza en xuño de 2018),[11] West Palm Beach
Spirit Airlines Dallas/Fort Worth, Fort Lauderdale, Las Vegas, Os Ánxeles, Orlando
Estacional: Fort Myers, Myrtle Beach, Tampa
[12]
United Airlines Chicago-O'Hare, Denver
Estacional: Newark, San Francisco
[13]
United Express Chicago-O'Hare, Houston-Intercontinental, Newark, Washington-Dulles [13]
Vacation Express Chárter estacional: Cancún, Cozumel (comeza en maio de 2018), Freeport (comeza en xuño de 2018), Montego Bay, Punta Cana [14]
WOW air Reiquiavik-Keflavík [15]

CargaEditar

Aeroliñas Destinos
FedEx Express Indianapolis, Memphis, Newark
FedEx Feeder State College
Qatar Airways Cargo Doha, Luxemburgo[16]
UPS Airlines Columbus-Rickenbacker, Detroit, Louisville, Filadelfia

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 The Times (ed.). "Nearly nine million passengers used Pittsburgh International Airport in 2017". Consultado o 25 de marzo de 2018. 
  2. TrivLive (ed.). "Pittsburgh International Airport to get nonstop flights to Montreal". Consultado o 25 de marzo de 2018. 
  3. Alaska Airlines (ed.). "Flight Timetable". Consultado o 25 de marzo de 2018. 
  4. Pittsburgh Business Times (ed.). "Allegiant Air adds Dominican Republic flights". Consultado o 25 de marzo de 2018. 
  5. Apple Vacations (ed.). "Pittsburgh, PA Flight Schedule". Consultado o 25 de marzo de 2018. 
  6. Condor (ed.). "Timetable". Consultado o 25 de marzo de 2018. 
  7. 7,0 7,1 Delta Air Lines (ed.). "Flight Status & Schedules". Consultado o 25 de marzo de 2018. 
  8. Elite Airways (ed.). "Route map". 
  9. 9,0 9,1 9,2 Pittsburgh International Airport (ed.). "OneJet announces new routes from PIT to Palm Beach, Kansas City and Memphis". Consultado o 25 de marzo de 2018. 
  10. Southern Airways Express (ed.). "Routes". Consultado o 25 de marzo de 2018. 
  11. Travel Agent Central (ed.). "Southwest Launches New Flights to Cancun in 2018 Schedule". Consultado o 25 de marzo de 2018. 
  12. Spirit Airlines (ed.). "Where we fly". Consultado o 25 de marzo de 2018. 
  13. 13,0 13,1 United Airlines (ed.). "Timetable". Consultado o 25 de marzo de 2018. 
  14. Vacation Express (ed.). "Flight Schedule". Consultado o 25 de marzo de 2018. 
  15. WOW air (ed.). "Route map". Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2017. Consultado o 25 de marzo de 2018. 
  16. Pittsburgh Post-Gazette (ed.). "Qatar Airways freighter service airlines cargo flights Pittsburgh International Airport". Consultado o 25 de marzo de 2018. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar