Aeroporto LaGuardia
O aeroporto LaGuardia (IATA: LGA, OACI: KLGA) é un aeroporto situado na parte norte da veciñanza neoiorquina de Queens. Atópase ao lado do mar, entre as baías de Flushing e Bowery da área de East Elmhurst nos límites das veciñanzas de Astoria e Jackson Heights. É o terceiro máis concorrido que serve á cidade de Nova York e o 20º máis concorrido dos Estados Unidos.
Aeroporto LaGuardia LaGuardia Airport
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Propietario | cidade de Nova York | ||
Operador | Port Authority of New York and New Jersey | ||
Cidade/Illa | Nova York | ||
Localización | East Elmhurst, Queens | ||
Elevación (msnm) | 6 metros / 21 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
04/22 | 2 134 | 7 001 | asfalto/formigón |
13/31 | 2 135 | 7 003 | asfalto/formigón |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 29 786 769 |
No ano 2016 o tráfico de pasaxeiros medrou fortemente no aeroporto, pasando nese ano 29,8 millóns, un 14,2% máis que o ano anterior.[1] LaGuardia é o aeroporto máis concorrido do país sen servizos sen escalas a Europa. Unha regra prohibe voos sen escalas a puntos afastados a máis de 1 500 millas, pero hai excepcións nalgúns voos os sábados e cara Denver.[2] A meirande parte dos voos transcontinentais e internacionais utilizan os próximos aeroportos de Nova York-JFK ou de Newark, xa que en LaGuardia non hai control de fronteiras.[3]
O aeroporto Glenn H. Curtiss (chamado así polo pioneiro da aviación Glenn Hammond Curtiss), e posteriormente rebautizado como aeroporto de North Beach,[4] foi o primeiro aeroporto que houbo no lugar. O nome cambiou despois de que a cidade de Nova York se fixese co seu control e o reconstruíse, pasando a chamarse aeroporto municipal de Nova York-LaGuardia Field. En 1953 converteuse no aeroporto LaGuardia polo alcalde da cidade cando foi construído, Fiorello La Guardia.
LaGuardia ten sido criticado por ter algunhas instalacións anticuadas. O antigo vicepresidente Joe Biden comparou LaGuardia cun "país do terceiro mundo" e o aeroporto foi clasificado en numerosas enquisas a clientes como o peor dos Estados Unidos.[5] Entre os pilotos adoita a coñecerse como "USS LaGuardia", debido a que as pistas son curtas e está rodeado por auga, dando a sensación de estar aterrando nun portaavións.[6]
Aeroliñas e destinos
editarPasaxeiros
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editarNotas
editar- ↑ Port Authority of New York and New Jersey (ed.). "Agency sets total airport passenger record for second year in a row". Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2015. Consultado o 27 de decembro de 2017.
- ↑ The New York Times (ed.). "Why You Can’t Get There From La Guardia". Consultado o 27 de decembro de 2017.
- ↑ The New York Sun (ed.). "Long Distance at La Guardia". Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2009. Consultado o 27 de decembro de 2017.
- ↑ Newsday (ed.). "Major Airports Take Off / Mayor LaGuardia's complaint leads to an airport; but soon, another is needed". Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2017. Consultado o 27 de decembro de 2017.
- ↑ Yahoo (ed.). "Biden compares New York's LaGuardia Airport to 'Third World country'". Consultado o 27 de decembro de 2017.
- ↑ Gadling (ed.). "Cockpit Chronicles: A Landing Fit For A King". Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2017. Consultado o 27 de decembro de 2017.
- ↑ Alaska Airlines (ed.). "Alaska Airlines and Virgin America announce new Dallas Love Field flying to Seattle; San Diego; San Jose, California; and Portland, Oregon". Consultado o 27 de decembro de 2017.
- ↑ Cape Cod Times (ed.). "Rectrix launching New York service this weekend". Consultado o 27 de decembro de 2017.
- ↑ azcentral (ed.). "Southwest Airlines: New non-stop flight from Phoenix to New York LaGuardia". Consultado o 27 de decembro de 2017.
- ↑ Spirit Airlines (ed.). "Where we fly". Consultado o 27 de decembro de 2017.