Acyrthosiphon pisum

especie de insecto

Acyrthosiphon pisum
Pulgón do chícharo

Ninfas de Acyrthosiphon pisum canda á nai,
sobre o caule do chícharo do que extraen o zume
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Hexapoda
Clase: Insecta
Orde: Hemiptera
Superfamilia: Aphidoidea
Familia: Aphididae
Xénero: Acyrthosiphon
Especie: A. pisum
Nome binomial
Acyrthosiphon pisum
(Harris, 1776)
Subespecies
Véxase o texto

Acyrthosiphon pisum, coñecido vulgarmente como pulgón do chícharo, é unha especie de insecto da orde dos hemípteros, e superfamilia dos afidoideos e da súa única familia, a dos áfidos.

Este insecto é parasito de moitas plantas, silvestres ou cultivadas, da familia das fabáceas (ou leguminosas), incluíndo os chícharos (dos que toma o nome), as xudías, os trevos e a alfalfa.

Así mesmo, tamén é o axente vector de certas enfermidades virais.

Taxonomía editar

Descrición editar

A especie foi descrita en 1776 polo entomólogo e gravador inglés Moses Harris.

Subespecies editar

Recoñécense dúas subespecies:[1]

  • Acyrthosiphon pisum ononis (Koch, 1855)
  • Acyrthosiphon pisum pisum (Harris, 1776)

Características editar

Acyrthosiphon pisum e un insecto moi pequeno, de 2,5 a 4,4 mm de lonxitude, de cor verde mazá (ou rosa para algunhas cepas). Ten o abdome inchado. Os seus ollos son vermellos e as súas antenas tan longas coma o corpo. As súas pezas bucais modifícanse para formar un tubo mordedor recto. Os individuos partenoxenéticos xeralmente non teñen ás; só os individuos sexuais ou colonizadores teñen ás translúcidas e con costelas finas.

Bioloxía editar

Nutrición editar

O pulgón do chícharo é un insecto picador e chupador. As súas plantas hóspedes son membros da familia das fabáceas: chícharos, xudías, alfalfa, trevo... Unha vez instalados nunha planta hóspede, o pulgón perfora coas súas bocas urticantes até chegar a un vaso condutor de zume elaborado. Despois diso, case non se moverá máis, e bombeará o zume nutritivo continuamente.

Defensa contra os seus depredadores editar

Cando un herbívoro se achega a menos de 5 cm, moitos pulgóns dos chícharos detectan o seu alento, despréndense do seu soporte vexetal e caen ao chan, escapando así do seu depredador.[2]

A pesar do seu nome francés, puceron vert du pois ("pulgón verde do chícharo"), os individuos deste pulgón poden ser de cor verde ou rosa. Ocorre que os adultos rosas son comidos polas xoaniñas, mentres que as larvas dos verdes son atacadas por avespas parasitoides que poñen alí os seus ovos. O estudo da flora microbiana deste pulgón revelou unha bacteria simbiótica do xénero Rickettsiella responsábel da síntese de pigmentos verdes, provocando que as larvas rosadas se volvan verdes a medida que se desenvolven, protexendo así as xoaniñas verdes adultas. Rickettsiella adoita asociarse con Hamiltonella defensa e con Serratia marcescens, que protexen ao pulgón das avespas parasitoides. A vulnerabilidade do pulgón ante depredadores e parasitos está, polo tanto, fortemente condicionada pola simbiose con estas bacterias.[3]

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Acyrthosiphon pisum (Harris, 1778) en Inventaire national du patrimoine naturel (INPN).
  2. Maurice Mashaal: "Les pucerons soufflés par des mammifères". Pour la Science, 13 de agosto de 2010. Consultado o 13 de decembro de 2021.
  3. Tsutomu Tsuchida et al. (2010): "Symbiotic Bacterium Modifies Aphid Body Color". Science 330 (6007): 1102-1104.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Blackman, R. L. & Victor F. Eastop (2007): Aphids on the World's Herbaceous Plants and Shrubs, 2 Volumes. ISBN 978-0-4714-8973-3.

Outros artigos editar