A Pousa, Monterrei, Monterrei

lugar da parroquia de Monterrei, no concello de Monterrei


A Pousa é un lugar pertencente á parroquia de Santa María de Monterrei, no concello ourensán de Monterrei. Segundo o IGE en 2019 tiña 69 habitantes (34 homes e 35 mulleres).

A Pousa

A Pousa
ParroquiaMonterrei
ConcelloMonterrei
Coordenadas41°57′23″N 7°26′59″O / 41.956408946478, -7.4498460017897
Poboación69 hab. (2019)
editar datos en Wikidata ]

Xeografía

editar

A Pousa sitúase a unha altitude entre os 400 e os 420 m sobre o nivel do mar. O seu territorio agrícola é contiguo á aldea e está atravesado pola estrada OU-1021. As terras de labor desenvólvense de noroeste a sueste, ocupando terreos sen relevo destacable que se estenden ao longo de toda a franxa que chega ata o río Támega polo leste. A Pousa ocupa unha superficie dunhas 7,51 ha, das que arredor de 3,35 ha corresponden ao seu núcleo tradicional. Ten 48 vivendas, do que resulta unha densidade de 6,39 viv./ha.[1]

A Pousa está situada na proximidade do camiño que conecta Monterrei con Laza pasando por Estevesiños e Vences. Está atravesado polo camiño que leva a Verín, identificado coa vía romana que conectaba os itinerarios XVII e XVIII de Antonino Pío, no punto no que se cruza co que leva a Vilela. Este camiño foi integrado a partir da idade media no Camiño de Santiago, na variante da Vía da Prata que pasa por Laza. En 1848 menciónase como pertencente ao concello de Laza.[2]

Morfoloxía

editar

O núcleo tradicional da Pousa é compacto e lineal. Ten planta en L cunhas dimensións duns 160 por 110 m. Disponse sobre unha estrutura viaria lineal, todo ao longo da rúa da Fonte, que é o camiño de Verín, cunha extensión menor e menos compacta que baixa pola rúa de Monterrei, que é o camiño de Vilela. Distínguense dous barrios: ao norte, o que se desenvolve no cruzamento entre a rúa da Fonte e a de Monterrei, e ao sur o que se dispón ao longo da rúa da Fonte mesma.

Á marxe do núcleo tradicional téñense desenvolvido algúns aglomerados de escasa densidade formados ao longo da estrada OU-1021 nun tramo duns 700 m. As tipoloxías empregadas son alleas ao contorno rural, principalmente vivendas, aínda que tamén ten algúns edificios industriais e, máis na periferia, dotacionais.

O acceso rodado faise principalmente dende Verín e Laza, a través da estrada OU-1021, de titularidade da Deputación de Ourense. Tamén é posible a comunicación rodada cos núcleos do leste, alén do río Támega, a través das pistas da concentración parcelaria.

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Monterrei

editar
Lugares da parroquia de Monterrei no concello de Monterrei (Ourense)

Monterrei | A Pousa

Parroquias de Monterrei

editar
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Monterrei

Albarellos (Santiago) | Estevesiños (San Mamede) | Flariz (San Pedro) | Infesta (San Vicenzo) | A Madanela (Santa María) | Medeiros (Santa María) | Monterrei (Santa María) | Rebordondo (San Martiño) | San Cristovo (San Cristovo) | Vences (Santa Baia) | Vilaza (San Salvador)

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar