A Asociación de Estados Iberoamericanos para o Desenvolvemento das Bibliotecas Nacionais de Iberoamérica (ABINIA) é a asociación de bibliotecas nacionais de Iberoamérica. Fundada en México o 14 de decembro de 1989 como a Asociación de Bibliotecas Nacionais de Iberoamérica, cambia ao seu actual nome en 1999, mantendo as súas siglas orixinais. As linguas oficiais da ABINIA son o español e o portugués. Os seus obxectivos son recompilar información dos seus integrantes; realizar xestión sobre a importancia de preservar o patrimonio bibliográfico; adoptar estratexias, políticas e capacitación na preservación das coleccións; adoptar medidas técnicas de control bibliográfico e intercambio de materiais, elaborar fontes de referencia nacionais e rexionais; vincular as bibliotecas nacionais e rexionais.

ABINIA
AcrónimoABINIA
Tipoassociação bibliotecária
Campo de traballobiblioteca nacional
editar datos en Wikidata ]

A súa estrutura é:

  • Asemblea Xeral, integrada polas institucións asinantes do Acta Constitutiva da ABINIA;
  • Consello de Directores, son seis membros designados pola Asemblea cun mandato de 2 anos; e
  • Secretaría Executiva, electo por maioría de dous terzos pola Asemblea por dous anos. A súa reelección realízase por maioría absoluta da Asemblea.

Membros editar

Membros de ABINIA
País Nome Ano de creación
  Arxentina Biblioteca Nacional da Arxentina 1810
  Bolivia Biblioteca Nacional de Bolivia 1825
  Brasil Biblioteca Nacional do Brasil 1810
  Colombia Biblioteca Nacional de Colombia 1823
  Costa Rica Biblioteca Nacional Miguel Obregón Lizano de Costa Rica 1888
  Cuba Biblioteca Nacional José Martí de Cuba 1901
  Chile Biblioteca Nacional de Chile 1818
  Ecuador Biblioteca Nacional de Ecuador ND
  España Biblioteca Nacional de España 1712
  Guatemala Biblioteca Nacional de Guatemala 1879
  Honduras Biblioteca Nacional de Honduras 1880
  México Biblioteca Nacional de México 1833
  Nicaragua Biblioteca Nacional Rubén Darío de Nicaragua 1880
  Panamá Biblioteca Nacional Ernesto J. Castillero R. de Panamá 1942
  Paraguai Biblioteca Nacional de Paraguai 1887
  Perú Biblioteca Nacional do Perú 1821
  Portugal Biblioteca Nacional de Portugal 1796
  Porto Rico Biblioteca Nacional de Porto Rico 1967
  República Dominicana Biblioteca Nacional da República Dominicana ND
  O Salvador Biblioteca Nacional do Salvador 1870
  Uruguai Biblioteca Nacional do Uruguai 1815
  Venezuela Biblioteca Nacional de Venezuela 1833

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar