Rally Sur do Condado de 2019

(Redirección desde «16º Rally Sur do Condado»)


O Rally Sur do Condado de 2019 foi a 16ª edición de dito rally e a quinta proba da tempada 2019 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse do 12 ao 14 de xullo de 2019 e o vencedor foi Víctor Senra.

Modelo:Competición deportivaRally Sur do Condado de 2019
Tipoedición de rally Editar o valor em Wikidata
Parte deRally Sur do Condado e Tempada 2019 do Campionato de Galicia de Rally Editar o valor em Wikidata
Distancia do evento82,48 km Editar o valor em Wikidata
Número de participantes130 Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor em Wikidata
Intervalo de tempo12 de xullo de 2019 – 4 de xullo de 2019 Editar o valor em Wikidata
Número de edición16  (2019) Editar o valor em Wikidata
Competición
Primeiro postoVíctor Senra Editar o valor em Wikidata

2018 Editar o valor em Wikidata

Itinerario

editar

Constou de nove treitos: Covelo-Mondariz, Ponteareas, Salvaterra de Miño e Salceda de Caselas, con dúas pasadas por cada un deles, así como un treito máis curto por Arbo.[1][2] Este último xunto co de Salvaterra disputáronse en formato de bucle, dando dúas voltas ao "circuíto".[3]

Inscritos

editar

Inscribíronse 130 equipos, destacando as presenzas do líder do campionato, Víctor Senra, e dos seus máximos rivais polo título, Iago Caamaño e Alberto Meira, sendo este último o vencedor das catro últimas edicións do rally, así como o piloto máis laureado da proba, con seis vitorias.[3][4]

Resumo

editar

Alberto Meira comezou liderando, ao marcar os mellores tempos nos dous primeiros treitos, por diante de Iago Caamaño.[5] O máis rápido no terceiro tramo foi Víctor Senra, pero mantendo Meira o liderado, até que un trompo no cuarto tramo, en Ponteareas, deixou ao piloto de Gondomar case sen opcións.[6] Con todo, gañou o quinto treito, mentres que o sexto foi para Iago Caamaño. Pola súa banda, Manuel Fernández Estévez, o máis regular do rally, gañou o sétimo treito e colocouse líder da proba a falta dos dous últimos tramos, aproveitando unha picada de roda de Senra e o abandono de Iago Caamaño tras perder unha roda.[7][5] Meira foi o máis veloz no penúltimo treito, con Fernández segundo, quen deste xeito aumentou a súa vantaxe sobre Senra. Pero o piloto de Dumbría conseguiu vencer no último tramo, con 11 segundos de vantaxe sobre Meira e 18 sobre Fernández[8], logrando así a súa terceira vitoria da tempada e a primeira neste rally. Manuel Fernández e Alberto Meira acompañárono no podio.[9]

Clasificación

editar
Pos Piloto Copiloto Vehículo Equipo Tempo
1   Víctor Senra   Moncho López Citroën C3 R5 Yacar Racing 54:35.658
2   Manuel Fernández   Alejandro Cid Ford Fiesta R5 T. Martínez Racing 54:49.632
3   Alberto Meira   José Murado Citroën DS3 R5 Recalvi Team 55:06.098
4   Jorge Cagiao   Amelia Blanco Renault Clio N5 Recalvi Team 55:40.184
5   David González "Couceiro"   Gustavo Piris Ford Fiesta R5 Rías Baixas 55:55.651
6   Jorge Pérez Oliveira   Avelino Martínez Renault Clio N5 Galicia Motorsport 57:08.174
7   Tino Iglesias   Jorge Iglesias Ford Fiesta N5 Desguaces Tino Racing 58:32.895
8   Francisco Dorado   Roi Torrente Peugeot 208 R2 Miño-Lugo 59:04.450
9   Jorge Pérez Alonso   Herminio González BMW M3 Barbadás 1h00:08.394
10   Hugo Martínez   Álvaro Vila BMW M3 E36 Desguaces Tino Racing 1h00:34.971
11   David Rivas   José Viéitez Citroën C2 RVS Motorsport 1h00:55.903
12   Celestino Iglesias Duarte   Bárbara Gómez Ford Fiesta R2 Desguaces Tino Racing 1h01:29.408
13   Raúl Martínez   Óscar Martínez Citroën C2 GT Congostra Team Sanxenxo 1h01:32.298
14   Rubén Ojea   José Ramón Seoane Citroën C2 R2 MAX Rías Baixas 1h01:33.280
15   Sergio Otero   José Antonio González Peugeot 206 RC Surco 1h01:45.336
16   Diego Vila   Álex Alonso Citroën Saxo VTS Dona Urraca 1h01:53.354
17   Marcos Rodríguez   Daniel Rodríguez Citroën C2 Surco 1h01:58.601
18   Jorge García   Carmen Borrajo Peugeot 106 Kit Car T. Martínez Racing 1h02:00.822
19   Joaquín Pérez   Adrián Muñiz Peugeot 206 XS Pontevedra 1984 Team 1h02:01.979
20   José Manuel Cabezas   Luis Miguel Prego Peugeot 106 GTI RVS Motorsport 1h02:42.715
21   Miguel Rodríguez   Roberto Páramos Citroën C3 N5 Rías Baixas 1h02:46.717
22   Isaac Durán   Hugo Varela Peugeot 206 XS Surco 1h02:56.127
23   Rubén Puime   Ezequiel Salgueiro Peugeot 206 Pontevedra 1984 Team 1h03:07.885
24   Marcos Díaz Días   Víctor López Ford Sierra RS Cosworth Sarria Motor 1h03:10.521
25   Javier Andrade   Joel Souto BMW 320i Rías Baixas 1h03:18.753
26   Jacobo Campos   Cristian Campos Citroën Saxo Dona Urraca 1h04:07.928
27   Miguel Ángel Caeiro   Sergio Iglesias Peugeot 106 S16 Cuntis V.T. 1h04:18.760
28   Eduardo González   José Antonio Abal Ford Fiesta R2 Congostra Team Sanxenxo 1h04:34.566
29   Cristian Lamas   Álvaro Paz Citroën C2 GT Luintra 1h04:45.496
30   Rodrigo Vila   Daniel González Citroën AX GTI Dona Urraca 1h04:50.843
31   Rubén Fernández   Rubén Orge Peugeot 206 RC Buxa Motor Poio 1h05:04.006
32   Pablo Blanco   Ian Quintana Peugeot 106 GTI Ourense 1h05:05.848
33   Juan Carlos García   Rafael Portas Peugeot 106 GTI Congostra Team Sanxenxo 1h05:22.407
34   Diego González   Diego García Díaz Citroën Saxo Moeche 1h05:35.635
35   Óscar González   Antonio González Citroën Saxo VTS MRT 1h05:39.190
36   Alfonso Prieto   Gonzalo Cardalda Peugeot 205 Rally Desguaces Tino Racing 1h05:52.739
37   Yonathan Otero   Ricardo González Peugeot 106 Rally Surco 1h05:54.284
38   Alberto Muíños   Samuel Rodríguez Peugeot 106 Rally Dona Urraca 1h06:03.203
39   Heriberto Atán   Gabriel Rodríguez Volkswagen Golf Senra Sport 1h06:09.573
40   Diego Fontán   José Antonio Zúñiga Peugeot 106 Maxi Proto Recalvi 1h06:29.873
  1. "16º Rally Sur do Condado 2019". gzrally. Consultado o 24 de febreiro de 2020. 
  2. "Rally Sur do CONDADO 2019-INFORMACIÓN". Consultado o 24 de febreiro de 2020. 
  3. 3,0 3,1 "Alberto Meira busca una nueva victoria en el Sur do Condado" (en castelán). 11 de xullo de 2019. Consultado o 24 de febreiro de 2020. 
  4. "Lista de inscritos Rally Sur do Condado de 2019" (PDF). TemposFGA. Consultado o 24 de febreiro de 2020. 
  5. 5,0 5,1 "Víctor Senra gana el rali Sur do Condado en un final épico". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de xullo de 2019. Consultado o 24 de febreiro de 2020. 
  6. "Senra se proclama conde" (en castelán). 14 de xullo de 2019. Consultado o 24 de febreiro de 2020. 
  7. "Clasificación 3ª sección" (PDF). TemposFGA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de febreiro de 2020. Consultado o 24 de febreiro de 2020. 
  8. "Clasificación 9º treito" (PDF). TemposFGA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de febreiro de 2020. Consultado o 24 de febreiro de 2020. 
  9. "Clasificación final Sur do Condado 2019" (PDF). TemposFGA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de febreiro de 2020. Consultado o 24 de febreiro de 2020. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar


Predecesor:
Rally Cidade de Narón
 Campionato de Galicia de Rally 
Tempada 2019
Sucesor:
Rally Botafumeiro