Óbolo de San Pedro

Para outros usos do termo óbolo véxase Óbolo (homónimos).

O Óbolo de San Pedro (en latín: denarius Sancti Petri) é a doazón que fai cada diocese e os fieis cristiáns católicos de todo o mundo ao Papa. Trátase dunha colecta efectuada cada ano na Xornada Mundial da Caridade do Papa, o 29 de xuño ou o domingo máis próximo á solemnidade de San Pedro e San Paulo.[1][2][3][4]

Logotipo do Instituto para as Obras de Relixión, órgano da Santa Sé xestor do Óbolo de San Pedro

Historia

editar

Os inicios

editar

A partir do século VIII foi unha contribución achegada desde Inglaterra para a Santa Sé. O seu nacemento nos reinos anglosaxóns, co nome de Peter's Pence ou tamén Romescot, ten a súa base en varios costumes anteriores, aínda que se dá como inicio da tradición a contribución anual comezada en 787 por Offa, rei de Mercia, en expiación do asasinato de Ethelbert de Wessex, cometido pola súa esposa. Esta institución primixenia foi abolida baixo o reinado de Henrique VIII, en 1534.[5][6]

A tradición actual

editar

O Óbolo de San Pedro da Idade Moderna naceu en 1860, pola iniciativa de fieis católicos, inicialmente ingleses e posteriormente tamén belgas, franceses e austríacos, que comezaron a enviar á Santa Sé, a través dos nuncios apostólicos, fondos para axuda ao papado, nuns momentos en que as súas finanzas se atopaban moi seriamente resentidas polo Risorgimento italiano e pola perda progresiva dos Estados Pontificios. O que naceu como un costume, acabou por institucionalizarse, ao ser recoñecido por Pío IX o 5 de agosto de 1871, mediante a encíclica Sæpe venerabilis. [7]

En 1876, Pío IX nomeou o cardeal Secretario de Estado como administrador destes ingresos.[Cómpre referencia]

Porén, ata o Tratado de Letrán, a xestión do Óbolo de San Pedro foi relativamente pouco rigorosa, xa que o papa utilizaba unha parte deste diñeiro a título persoal e os administradores dos fondos variaban constantemente. En 1880, León XIII engadiu á figura do Secretario de Estado unha comisión de cardeais. En 1891, o bispo Flochi, o seu secretario, viuse obrigado a renunciar como resultado da súa arriscada. Pío X, pola súa parte, intentou pór orde unificando a administración do patrimonio e a das finanzas na figura dun novo Secretario de Estado. Finalmente, en 1942, a xestión do Óbolo de San Pedro pasou a depender do Instituto para as Obras de Relixión (IOR), que fora creado en 1887 para recadar doazóns e legados ás asociacións relixiosas, e restaurado por Pío XII.

Ata o pontificado de Xoán Paulo II descoñécense as cantidades recibidas en concepto do Óbolo de San Pedro. En 1981, fíxose público que ese ano ascendeu a 30 millóns de liras. En 1992, ascendera a 240 millóns de liras e en 2004 a máis de 51 millóns de dólares. En 2011, a cantidade foi de 67,7 millóns de dólares.[8] En 2013 alcanzáronse os 78 millóns de dólares.[9]

 
Tarcisio Bertone, acusado de mala xestión do Óbolo de San Pedro na súa etapa como Secretario de Estado da Santa Sé, nunha imaxe de 2010

En 2015, segundo investigacións de dous xornalistas italianos, demostrouse que a metade das doazóns dos fieis (é dicir, 400 millóns de euros) non se destinaban a fins benéficos senón que financiaban, en realidade, gastos suntuarios dalgúns cardeais. Segundo estes xornalistas, 200.000 euros foron desviados dunha fundación pertencente ao hospital católico do Neno Xesús para financiar a renovación do apartamento de 700 m2 do cardeal Tarcisio Bertone, antigo Secretario de Estado da Santa Sé.[10][11]

Sobre esta doazón, dixo o papa Bieito XVI: "o Óbolo de San Pedro é a expresión máis típica da participación de todos os fieis nas iniciativas do bispo de Roma en beneficio da Igrexa universal. É un xesto que non só ten valor práctico, senón tamén unha gran forza simbólica, como signo de comuñón co Papa e de solicitude polas necesidades dos irmáns; e por iso o voso servizo posúe un valor moi eclesial".[12]

Nun documento aos bispos do ano 2004, lémbraselles o coidado que deben ter en manter esta achega: "o bispo non descoide tampouco a particular colecta denominada Óbolo de San Pedro, destinada a facer posible que a Igrexa de Roma poida cumprir validamente o seu oficio de presidencia na caridade universal".[13]

  1. "Óbolo de San Pedro. Solidariedade coa Igrexa Universal". En A Nosa Voz. 29 de xuño de 2018. Diocese de Lugo .
  2. "Óbolo de San Pedro: Monseñor Barrio lembra que o diñeiro do óbolo de San Pedro se destina ás vítimas de guerras e catástrofes naturais, a refuxiados e a emigrantes Arquivado 25 de setembro de 2018 en Wayback Machine.". Arquidiocese de Santiago de Compostela. 21 de xuño de 2016.
  3. "Óbolo de San Pedro: Monseñor Barrio insta a colaborar coas obras de caridade do Papa Francisco Arquivado 25 de setembro de 2018 en Wayback Machine.". Arquidiocese de Santiago de Compostela. 19 de xuño de 2017.
  4. "Óbolo de San Pedro: carta pastoral de monseñor Barrio con motivo da Xornada pola Caridade do Papa Arquivado 25 de setembro de 2018 en Wayback Machine.". Arquidiocese de Santiago de Compostela. 21 de xuño de 2016.
  5. "Peter's Pence. An ancient custom still alive today". No sitio web oficial da Santa Sé.
  6. "Peterspece". En Herbermann, C (ed.). Catholic Encyclopedia. Robert Appleton Company. Nova Iork, 1913.
  7. "Una costumbre muy antigua que llega hasta nuestros días. No sitio web oficial do Óbolo de San Pedro.
  8. Val, E. "La Santa Sede tiene un déficit de 15 millones debido a la crisis". En La Vanguardia. 6 de xullo de 2012"
  9. "La «carità del Papa». Abbraccio agli ultimi". En Avvenire.it. 27 de xuño de 2015
  10. "Vatican : la moitié des offrandes aux pauvres vont à la curie Arquivado 25 de setembro de 2018 en Wayback Machine.". En Europe1. Le Jdd. 3 de novembro de 2015.
  11. "Vatileaks 2 : 400 millions d’euros de dons détournés au profit des hauts dignitaires ?". En Soud Ouest. 3 de novembro de 2015.
  12. "Discurso do Santo Padre Bieito XVI aos membros do Círculo de San Pedro". Sitio web oficial da Santa Sé. 25 de febreiro de 2006.
  13. "Directorio para o ministerio pastoral dos bispos. Apostolorum Successores". No sitio web oficial da Santa Sé.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar