Éamonn Ceannt
Éamonn Ceannt, nado como Edward Thomas Kent o 21 de setembro de 1881 e finado o 8 de maio de 1916, foi un nacionalista irlandés, considerado un dos heroes do Alzamento de Pascua.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Edward Thomas Kent 21 de setembro de 1881 Ballymoe, Irlanda (en) |
Morte | 8 de maio de 1916 (34 anos) prisión de Kilmainham, Irlanda |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Lugar de sepultura | cemiterio de Arbour Hill |
Actividade | |
Ocupación | revolucionario |
Membro de | |
Carreira militar | |
Lealdade | Óglaigh na hÉireann |
Conflito | Alzamento de Pascua |
Familia | |
Cónxuxe | Áine Ceannt |
Biografía
editarCeannt naceu en Glenamaddy, Ballymoe, Condado de Galway, como o maior de sete irmás. O seu pai era membro da Royal Irish Constabulary, e cando se retirou en 1892, trasladouse coa familia a Dublín. Aló foi onde o xove Edward comezou a interesarse polo nacionalismo irlandés. Uniuse á Conradh na Gaeilge (Liga Gaélica), adoptou a versión irlandesa do seu nome (Éamonn), e chegou ser mestre de uilleann pipes, tendo a ocasión de tocar para o Papa Pío X acompañado por varios curas irlandeses do exilio. Tamén traballou como contable no Concello de Dublín.
Vida persoal
editarEn xuño de 1905, Éamonn Ceannt casou con Áine O'Brennan nunha cerimonia en irlandés. O seu fillo Ronán naceu en xuño de 1906. Áine Ceannt fundou posteriormente a Cruz Branca (White Cross en inglés) para axudar ás familias empobrecidas polas accións británicas ou que perderan o seu sustento na Guerra de Independencia.
Alzamento de Pascua
editarEn 1913 fíxose membro da Irmandade Republicana Irlandesa, e máis tarde foi un dos membros fundadores dos Voluntarios Irlandeses. No Alzamento de Pascua de 1916, foi un dos primeiros membros do seu Comité Militar, e un dos sete asinantes da Proclamación de Pascua. Foi o comandante do IV Batallón de Voluntarios, e durante a revolta mantívose na South Dublin Union e na destilería Marrowbone Lane, cun cento de homes ás súas ordes, entre os cales destacaban os seus lugartenentes Cathal Brugha e William T. Cosgrave. A súa unidade loitou intensamente durante toda a semana, mais rendeuse cando así o ordenou o seu oficial superior, Patrick Pearse. A posición de Ceannt foi unha das que non fora derrotada na loita, como a de Éamon de Valera en Boland's Mill.
Ceannt foi encerrado na prisión de Kilmainham, sendo executado mediante fusilamento o 8 de maio de 1916.
Legado
editarA Ceannt Station da cidade de Galway, a principal estación de autobuses e ferrocarril do seu condado natal de Galway, reciben o sen nome en honor a Éamonn Ceannt, así como o Parque Éamonn Ceannt de Dublín. A Torre Eamonn Ceannt de Ballymun, demolida no 2005, tamén recibiu o seu nome del.
Notas
editar- William Henry, Supreme Sacrifice: The Story of Eamonn Ceannt, Mercier Press, 2005