Ángel David López Ruano
Ángel David López Ruano, coñecido como Ángel, nado nas Palmas de Gran Canaria o 10 de marzo de 1981, é un futbolista español. Xoga de defensa ou centrocampista e o seu equipo actual é a UD Las Palmas. Foi internacional coa selección española.
Ángel | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Ángel Domingo López Ruano | ||
Nacido | 10 de marzo de 1981 (39 anos) | ||
Lugar | As Palmas de Gran Canaria | ||
Altura | 1,80 m. | ||
Posición | Defensa / Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | Las Palmas | ||
Carreira xuvenil | |||
1998–2000 | Las Palmas | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2000–2003 | Las Palmas | 81 | (1) |
2003–2007 | Celta de Vigo | 159 | (6) |
2007–2012 | Villarreal | 104 | (2) |
2012–2013 | Betis | 11 | (1) |
2013– | Las Palmas | 0 | (0) |
Selección nacional | |||
2001–2003 | España sub-21 | 14 | (0) |
2006–2008 | España | 5 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 1 de xuño de 2013. [ editar datos en Wikidata ] | |||
TraxectoriaEditar
Logo de xogar nas categorías inferiores e nos equipos B e A do UD Las Palmas, Ángel chega ao Celta no mercado de inverno da tempada 2002-03, con Miguel Ángel Lotina no banquiño celeste. Esa tempada acabou disputando 15 partidos. O seu debú produciuse un 9 de febreiro de 2003, contra o Mallorca, nun encontro que o Celta gañou 0-2. Ángel xogara de titular como interior dereito.
Custoulle ter un sitio no equipo e convencer a afección. Foi con Fernando Vázquez en Segunda División cando se fixo un imprescindible no once titular. O adestrador xa o coñecía do seu paso polo Las Palmas. Tiña contrato co Celta ata o ano 2012, pero no 2007 marchou ao Villarreal.
O adestrador da selección española Luis Aragonés cconvocouno por primeira vez o 10 de novembro de 2006. O seu debut como internacional tivo lugar o 16 de novembro de 2006 no amigábel España-Romanía (0-1), onde xogou de titular durante 73 minutos. Repetiu o 7 de febreiro de 2007 ante Inglaterra, onde xogou 45 minutos. O seu debut en partido oficial foi o 24 de marzo de 2007, cando foi titular no España-Dinamarca (2-1), nun partido de clasificación para a Eurocopa de fútbol 2008, e onde recibiu un cartón amarelo.
CaracterísticasEditar
Aínda que comezou como mediocentro, reconverteuse a lateral dereito (con Fernando Vázquez), posición na que xoga desde hai varias tempadas. Tecnicamente bo, posúe unha boa condición física.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
Real Club Celta de Vigo - Tempada 2006-07 | ||
---|---|---|
Esteban | Lucas | Lequi | Oubiña | Areias | Núñez | Ángel | Guayre | Bamogo | Gustavo López | Tamas | Placente | Pinto | J. Perera | Contreras | Paulo García | Baiano | Yago | Iónatan Aspas | Jorge | De Ridder | Nené | Canobbio | Iriney |