Ernesto Fabián Canobbio

futbolista uruguaio
(Redirección desde «Ernesto Fabián Canobbio Bentaberry»)

Nestor Fabián Canobbio Bentaberry, nado en Montevideo o 8 de marzo de 1980, é un futbolista uruguaio. Xoga de centrocampista e o seu actual equipo é e Larissa FC.

Infotaula de personaErnesto Fabián Canobbio
Biografía
Nacemento8 de marzo de 1980 Editar o valor em Wikidata (44 anos)
Montevideo, Uruguai Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeUruguai Editar o valor em Wikidata
Altura179 cm Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1997 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor em Wikidata
Número deportivo8 Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1997-1997 Uruguay national under-17 football team (en) Traducir
1997-2000 Club Atlético Progreso
2001-2003 Club Atlético Peñarol 73(26)
2003-2005 Valencia Club de Fútbol 11(1)
2004-2005cesión Real Club Celta de Vigo 38(12)
2005-2008 Real Club Celta de Vigo 93(17)
2008-2010 Real Valladolid 53(5)
2010-2011 Athlitiki Enosi Larissa 1964 (pt) Traducir 18(3)
2011-2011 Centro Atlético Fénix (pt) Traducir 5(0)
2011-2012 Centro Atlético Fénix (pt) Traducir 5(0)
2012-2012 Club Atlético Progreso 13(4)
2013-2015 Danubio Fútbol Club 21(4) Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
1999-1999   Seleção Uruguaia de Futebol Sub-20 (pt) Traducir 4(1)
2001-2007   Uruguai 9(0) Editar o valor em Wikidata

FIFA: 185947 Editar o valor em Wikidata

Biografía editar

Comezou a xogar no Club Atlético Progreso no Uruguai, participando no mundial sub-20 de 1999 e logo co CA Peñarol. No verán de 2003 fichou polo Valencia de Rafa Benitez, contra os desexos do adestrador que se refiriu a el con Pido unha cadeira e tráenme unha lámpada, polo que non chegou a ter continuidade.

Co cambio de adestrador en 2004 coa chegada de Claudio Ranieri a situación non cambia polo que se lle busca un equipo para que poida disputar minutos, así chega ao Celta de Vigo, en Segunda División, en calidade de cedido con opción de compra. Nesta tempada o equipo acada o ascenso a Primeira, sendo Canobbio e Jandro os máximos anotadores do equipo con 12 tantos cada un. Ao rematar a tempada o Celta exerce a opción de compra do xogador por un millón de euros.

No ano de regreso do Celta á máxima categoría o equipo clasifícase para disputar a Copa da UEFA, sendo o segundo máximo goleador do equipo con 8 tantos, por detrás de Fernando Baiano con 13. Porén o ano de debut europeo sería tamén o ano do descenso do equipo outra vez a Segunda.

Na tempada 2007/08 non se acada o obxectivo de ascender e Canobbio deixa o club e ficha polo Real Valladolid, onde militou dous anos cun rendemento irregular.

No verán de 2010 ficha polo AE Larisa e en 2011 polo CA Fénix. En 2012 volve ao equipo onde comezou, o CA Progreso, porén a comezos de 2013 volve a cambiar de equipo ao irse ao Danubio Fútbol Club.

Selección nacional editar

Foi internacional coa Selección de fútbol do Uruguai en oito ocasións.

Traxectoria editar

Club Categoría Ano Partidos Goles
Club Atlético Progreso Segunda División 1997
Club Atlético Progreso Segunda División 1997
Club Atlético Progreso Segunda División 1998
Club Atlético Progreso Segunda División 1999
Club Atlético Progreso Segunda División 2000
CA Peñarol Primeira División 2001 36 7
CA Peñarol Primeira División 2002 42 18
CA Peñarol Primeira División 2003 12 2
Valencia Club de Fútbol Primeira División 2003/2004 10 1
Celta de Vigo Segunda División 2004/2005 38 12
Celta de Vigo Primeira División 2005/2006 32 8
Celta de Vigo Primeira División 2006/2007 34 2
Celta de Vigo Segunda División 2007/2008 27 7
Real Valladolid Primeira División 2008/2009 29 4
Real Valladolid Primeira División 2009/2010 24 1
AE Larisa Primeira División de Grecia 2010/2011
CA Fénix Primeira división do Uruguai 2011
CA Progreso Primeira división do Uruguai 2012
Danubio FC Primeira división do Uruguai 2013

Palmarés editar

Campionatos nacionais editar

Título Club País Ano
Liga española Valencia Club de Fútbol España 2004

Copas internacionais editar

Título Equipo (*) País Ano
Copa UEFA Valencia Club de Fútbol Suecia 2004

(*) Incluíndo a Selección