Jorge Larena
Jorge Larena-Avellaneda Roig, nado o 29 de setembro de 1981 nas Palmas de Gran Canaria é un futbolista que xoga na demarcación de centrocampista ofensivo.
Jorge Larena | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Jorge Larena-Avellaneda Roig | ||
Nacemento | 29 de setembro de 1981 (42 anos) | ||
Lugar de nacemento | As Palmas de Gran Canaria | ||
Altura | 1,81 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Carreira xuvenil | |||
UD Las Palmas | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1997-1999 | UD Las Palmas B | ||
1999–2002 | UD Las Palmas | 67 | (9) |
2002–2005 | Atlético de Madrid | 83 | (4) |
2005–2008 | Celta de Vigo | 76 | (9) |
2008-2011 | UD Las Palmas | 82 | (5) |
2012–2013 | SD Huesca | 37 | (0) |
2013- | Recreativo de Huelva | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria
editarFormouse nas categorías inferiores do UD Las Palmas, debutando no primeiro equipo no ano 1999 en Segunda División e facéndose coa titularidade ao ano seguinte, xa na máxima categoría.
De cara á tempada 2002/03 fichou polo Atlético de Madrid, aínda que contou con minutos nunca chegou a asentarse no equipo titular, polo que foi traspasado ao Celta de Vigo no verán de 2005. O equipo vigués clasificouse esa tempada para disputar a Copa da UEFA pero Larena non contou con moito protagonismo.
Co descenso do equipo en 2007 e a venda de moitas das estrelas do equipo a importancia relativa de Larena no equipo aumentou, facendo moi boa tempada aínda que o equipo finalmente non conseguiu ascender. Este fracaso fixo que o Celta se tivera que desfacer dos xogadores con fichas máis altas, entre eles Jorge Larena, así no verán de 2008 fichou polo seu club de orixe, o UD Las Palmas.
No verán de 2011 rescinde o contrato que o unía ao UD quedando sen equipo nese momento, polo que adestraría co UD Vecindario para manter o estado de forma. O 31 de xaneiro de 2012 fichou polo SD Huesca e de aí sería traspasado ao Recreativo de Huelva.