Antonio Guayre

futbolista español
(Redirección desde «Antonio Guayre Betancor»)

Antonio Guayre Betancor Perdomo, coñecido como Guayre, nado nas Palmas de Gran Canaria (Canarias) o 23 de abril de 1980, é un exfutbolista profesional internacional español cuxo último equipo foi o Lugo da Liga Adelante. Xogaba como mediapunta ou dianteiro.

Guayre
Gayre no UD Las Palmas.
Información persoal
Nome Antonio Guayre
Betancor Perdomo
Nacemento 23 de abril de 1980 (43 anos)
Lugar de nacemento As Palmas de Gran Canaria
Altura 1,77 m
Posición Dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1999–2000 Las Palmas B
2000–2001 Las Palmas 31 (8)
2001–2006 Villarreal 137 (17)
2006–2008 Celta 20 (1)
2008–2009 Numancia 6 (0)
2009–2011 Las Palmas 28 (4)
2013 Lugo 2 (0)
Selección nacional
2000–2001 España sub-21 9 (2)
2005 España 1 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

Selección: actualizado a 23 de febreiro de 2013editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Clubs editar

Formouse na canteira da Unión Deportiva Las Palmas, club co que debutou en Primeira División o 14 de outubro de 2000. Na súa primeira tempada na máxima categoría xogou 31 partidos e anotou oito goles.

Finalizada esa campaña, o Villarreal CF pagou 6 millóns de euros pola nova promesa canaria.[1] Alí xogou durante cinco tempadas, e destacou até ser convocado pola Selección nacional de fútbol, pero perdeu a confianza do técnico Manuel Pellegrini e foi fichado en 2006 polo Celta de Vigo como reforzo para afrontar a Copa da UEFA, pero ese ano as lesións cebáronse con el e apenas puido disputar 300 minutos en toda a tempada. O 30 de xullo de 2008, chegou a un acordo co Celta de Vigo para desvincularse do club. Pouco despois ficha polo CD Numancia de Primeira División, onde tampouco tivo continuidade polo seu estado físico, rescindindo o contrato tras acumular só 194 minutos en toda a tempada.

Finalmente, en xullo de 2009 volveu ao seu equipo de orixe, a UD As Palmas,[2] terminando a relación contractual en xuño de 2011. Nestas dúas tempadas apenas xoga debido a diversas lesións, que o deixan sen equipo durante un ano enteiro e sen disputar un partido dende o 24 de abril de 2011 até o 31 de xullo de 2012 en que xoga un encontro como proba para fichar polo Cádiz CF. Con todo non asinaría finalmente polo equipo gaditano por problemas coas fichas. En novembro pasa a estar de proba Lugo da Liga Adelante, pasando a ter ficha como xogador o 16 de xaneiro de 2013. Tras sufrir graves molestias no seu nocello esquerdo o 23 de abril de 2013 decide retirarse como xogador profesional de fútbol.

Equipos editar

Datos actualizados a 15 de xaneiro de 2013
Club Temporada Competición Partidos Goles
UD Las Palmas B 1999-2000 Terceira División - -
UD Las Palmas 2000-2001 Primeira División 33 8
Villarreal CF 2001-2002 Primeira División 34 4
2002-2003 Primeira División 35 4
2003-2004 Primeira División 39 3
2004-2005 Primeira División 33 8
2005-2006 Primeira División 22 3
Champions League 4 1
Celta de Vigo 2006-2007 Primeira División 10 1
2007-2008 Segunda División 10 0
CD Numancia 2008-2009 Primeira División 6 0
UD Las Palmas 2009-2010 Segunda División 16 1
Copa do Rei 1 1
2010-2011 Segunda División 12 3
Copa do Rei 1 0
CD Lugo 2013 Segunda División 2 0

Internacional editar

Foi internacional coa selección de fútbol de España nunha ocasión,[3] no partido que enfrontou o 9 de febreiro de 2005 á selección contra San Marino, en partido valedoiro para a clasificación para o Mundial de Alemaña con vitoria para o combinado español por 5-0.

Notas editar

  1. Traspasos
  2. "Chegan Guayre, Lamas, Beranger e Pignol". Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2019. Consultado o 05 de novembro de 2012. 
  3. "Sportec". Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2012. Consultado o 03 de setembro de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar