Youtubeir@s é un concurso organizado polos Servizos de Normalización Lingüística dos concellos da Baña, Ames, Carballo, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela, Teo e O Grove, das Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo e da Deputación da Coruña.[1] para promover e visibilizar o uso do galego en Youtube.

A primeira edición foi no ano 2017.[2] Artéllase en 8 categorías: vídeo-facermos, vídeo-opinarmos, canle, creatividade, eficiencia comunicativa, calidade técnica, calidade lingüística e o premio do público.[3]

En 2019 engadiron a categoría vídeo-cantarmos[4] e sumáronse os concellos de Cedeira, A Coruña, Moaña e Rianxo,[5] cunha dotación económica de 6500 euros.[6]

En 2020 pasou a 12 categorías e a unha dotación total de 7500 euros.[7]

Foi recoñecido co Premio Mil Primaveras concedido pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua na categoría de proxecto máis innovador.[8]

Notas editar

  1. "O proxecto". Consultado o 15 de marzo de 2018. 
  2. Sarasketa, Fernando. Código Cero, ed. "Mañá remata o prazo para presentar vídeos a Youtubeir@s". Consultado o 15 de marzo de 2018. 
  3. "Unha ducia de vídeos finalistas de Youtubeir@s". Praza Pública. Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2019. Consultado o 31 de marzo de 2019. 
  4. Fernando Sarasketa (13 de febreiro de 2019). "Volve Youtubeir@s con máis premios e actividades". Código Cero. Consultado o 14 de febreiro de 2019. 
  5. Fernando Sarasketa (14 de febreiro de 2019). "Até 13 concellos implícanse este ano no certame Youtubeir@s". Código Cero. Consultado o 15 de febreiro de 2019. 
  6. "A Coruña dará acubillo a dúas grandes citas de Youtubeir@s". Código Cero. 11 de marzo de 2019. Consultado o 20 de marzo de 2019. 
  7. "Os Premios Youtubeir@s entregan os galardóns da edición máis online e máis concorrida do certame". Código Cero - Diario Tecnolóxico de Galicia. Consultado o 2020-12-10. 
  8. Fernando Sarasketa. "Youbeir@s 2019 encara este setembro a súa recta final". Código Cero - Diario Tecnolóxico de Galicia. Consultado o 2019-09-18.