Xulio Calviño Iglesias

profesor e escritor galego

Xulio Calviño Iglesias, nado na Xesta (Lalín) o 19 de febreiro de 1947, é un profesor e escritor galego.

Xulio Calviño Iglesias
Nome completoJulio Calviño Iglesias
Nacemento19 de febreiro de 1947
Lugar de nacementoA Xesta
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupacióncatedrático e escritor
IrmánsJosé María Calviño
Na rede
Dialnet: 156050
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezou os seus estudos na Universidade de Santiago de Compostela e rematounos na Universidade Complutense de Madrid, onde se licenciou en Filosofía e en Literatura Hispánica. Foi catedrático de ensino secundario de Lingua e Literatura Española. Foi director, xunto con Manuel Crespillo, da colección de ensaio Hybris. Colaborou en publicacións como Ínsula, AMASTRA-N-GALLAR.

É irmán de Mary Carmen Calviño (pintora) e José María Calviño (avogado), e polo tanto tío da filla deste, Nadia Calviño.

Obras editar

  • La novela del dictador en Hispanoamérica, 1985.
  • Método de lengua activa y creativa, 1985.
  • Historia, ideología y mito en la narrativa hispanoamericana contemporánea, 1987.
  • Uxío Novoneyra e os motivos de Circe. Texto poético íntegro de "Tempo de elexía", 1998.
  • Anac(onda), 2004.
  • O galo de Aloysius, 2007.
  • A Morena de Laza, 2008.
  • Carpe Diem, 2014.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar