Xubalandia
Coordenadas: 10°12′20″N 48°43′15″L / 10.20556, -48.72083
Xubalandia (en somalí, Jubbaland; en árabe, جوبالاند ) ou Val do Xuba (en somalí, Dooxada Jubba) ou Azania (en somalí, Asaaniya; en árabe, آزانيا), é unha Rexión autóma do sur de Somalia

O seu nome oficial é Dowlad Goboleedka Jubbaland ee Soomaaliya (en somalí) / ولاية أرض جوبا في الصومال (en árabe), é dicir, "Rexión autónoma de Xubaland en Somalia".
XeografíaEditar
A súa fronteira oriental encóntrase a 40–60 km ao leste do río Xuba, que se estiende desde Gedo até o océano Índico, mentres que o seu lado occidental bordea a provincia nororiental de Kenya, límite que foi establecido durante o período colonial.[1]
Xubalandia ten unha superficie de 110 293 km2 e, en 2005, a súa poboación era de 953 045 habitantes.[2]
O seu territorio está formado polas provincias de Gedo, o Baixo Xuba e o Xuba medio.[3]
A capital é Bu'ale,[3] e a súa cidade máis grande é Kismaayo, situada na costa cerca da desembocadura do río Xuba. Bardera, Afmadow, Luuq e Beled Haawo son outras cidades da rexión.
HistoriaEditar
Desde 1836 até 1861, partes de Xubalandia foron nominalmente reclamadas polo Sultanato de Mascate (agora en Omán). Máis tarde, incorpoáronse á África Oriental Británica.
A zona estvo habitada principalmente polos Darod, clan nómade, e máis especificamente polo subclán dos Ogadeni, polos subgrupos Harti (Majeerteen, Dhulbahante e Warsangali) e outros subclans pertencentes aos clans Dir e Hawiye.
En 1925, o territorio foi cedido polo Reino Unido a Italia, e pasou a formar parte da Somalia italiana.
Na época de colonización italiana, o territorio pasou a denomimarse Transxuba, ou Ultraxuba (en italiano, Oltre Giuba, porque estaba situada a partir da marxe oeste do río Xuba, até a fronteira con Kenya. En 1926 tiña unha poboación de 120 000 habitantes.
O 1 de xullo de 1960, a rexión, xunto co resto da Somalia italiana e a Somalia británica, pasou a dormar parte da independente República Federal de Somalia.
En Xubalandia tiveron lugar numerosas batallas durante a Guerra Civil Somalí. Seguindo a secessión de Puntlandia, en xullo de 1998 varios líderes rexionais comezaron a prepararse para a independencia. O 3 de setembro de 1998, baixo a dirección de Mohamed Said Hersi, coñecido como Xeneral Morgan, Xubalandia declarose independente, sendo a cidade portuaria de Kismaayo a súa capital. Da mesma forma que o goberno de Puntlandia, Mohamed Said Hersi declarou que Xubalandia volvería a formar parte dunha Somalia unida, cando a paz se establecera.
A finais de agosto de 2006, militantes islamistas (do Consello Supremo das Cortes Islámicas, CSCI) lograron o control da maioría da rexión, as provincias de Jubbada Dhexe (Xuba Medio) e Jubbada Hoose (Baixo Xuba), incluíndo a cidade de Kismaayo, e estabeleceron a súa propia administración.[4] Ahmed Mohamed Islam (en somalí, Sheekh Axmed Maxamed Islaam) ou Sheikh Ahmed Madobe, ou Madobe, membro do islamista CSCI, foi nomeado presidente de Xubalandia.[5]
A Alianza do Val do Xuba (JVA) pasou a gobernar en Gedo, sufrindo as súas milicias unha serie de derrotas, como consecuencia das cales, a JVA pasou a aceptar o Goberno Transitorio Federal de Somalia (TFG). A finais de decembro de 2006 o JVA, agora incorporado ao TFG, e co apoio militar de Kenya, retomou o Val do Xuba. En setembro de 2012, Kismaayo foi reconquistada polo TFG e forzas kenyanas.[6]
Para reclamar a posesión do territorio, o goberno de Somalia anunciara en 2010 unha nova administración autónoma chamada Azania, que se formalizou o ano seguinte. En 2013, a administración provisional de Xubalandia, dentro de Somalia, foi oficialmente establecida e recoñecida. O 15 de maio dese ano, Ahmed Mohamed Islam, o antigo presidente do país, foi elixido presidente da Rexión autónoma.[7]
Galería de imaxesEditar
Soldados da Unión Africana protexendo unha pnte sobre o río Xuba, cerca da cidade de Burdubow
Vista aérea de Bardera
O presidente de Puntlandia de visita en Kismaayo
NotasEditar
- ↑ Mohamed Amin AH Osman (1993): Somalia, Proposals for the Future. Somalia Patriotic Movement.
- ↑ "Regions, districts, and their populations: Somalia 2005 (draft)" Arquivado 28 de xullo de 2017 en Wayback Machine. (PDF). UNDP.
- ↑ 3,0 3,1 State Government of Jubaland of Somalia. March, 2013. (en inglés).
- ↑ Thousands displaced as insurgents take control of Kismayo en IRIN. (en inglés). Consultada o 23-04-207.
- ↑ Somalia: Prominent Islamist leader joins Sufis Arquivado 15 de abril de 2020 en Wayback Machine. en Mareeg Online (en inglés). Consultada o 23-04-2007.
- ↑ Furiosi combattimenti in Somalia L’esercito keniano conquista Khisimaio Diario La Stampa, 28-09-2012. (en italiano). Consultado o 23-04-2017.
- ↑ Former Islamist warlord elected president of Somali region Axencia Reuters, 15 de naio de 2013. (en inglés). Consultada o 23-04-207.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xubalandia |