José Suárez

fotógrafo galego
(Redirección desde «Xosé Suárez»)

José Suárez, nado en Allariz en 1902 e finado na Guarda o 5 de xaneiro de 1974, foi un fotógrafo galego.[1] A súa obra pode relacionarse coa fotografía humanista, co ser humano e o seu contorno como tema central a través da súa visión persoal. Con todo, algúns autores inclúen a súa obra na Nova Obxectividade.[2]

José Suárez
Nacemento1902
Lugar de nacementoAllariz
Falecemento5 de xaneiro de 1974
Lugar de falecementoA Guarda
NacionalidadeEspaña
OcupaciónFotoxornalismo
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Aos 19 anos, mentres estudaba Dereito en Salamanca, comezou a colaborar na revista Vida Gallega. Por entón tamén realizou curtametraxes cinematográficas. En 1932 publicou o libro 50 fotos de Salamanca, con prólogo de Miguel de Unamuno. Fixo reportaxes sobre actividades profesionais, como oleiros, telleiros, segadores, mariñeiros e romeiros. En 1935 comezou a rodar o documental Mariñeiros na Comarca do Morrazo, pero non chegou a rematalo por mor da guerra civil española.[2] A finais de 1936 emigrou a Buenos Aires.

Comezou a traballar como fotoxornalista no diario arxentino La Prensa.[3] En 1950 trasladouse a Punta del Este (Uruguai), e tres anos máis tarde marchou ao Xapón como correspondente dos periódicos La Prensa e El Día. O Xapón tivo unha grande influencia na súa vida, e tralo seu regreso a América en 1956 deu a coñecer o teatro a través de conferencias, traducións e a exposición Vislumbre de Japón. Colaborou coa revista Life e con US Camera.[1]

En 1959 regresou a España, mais atopou dificultades para dar a coñecer o seu traballo. En 1965 publicou un libro sobre A Mancha baseado nunha serie fotográfica en branco e negro que foi moi valorad.a[4] En 1966 publicou no Reino Unido un libro sobre a tauromaquia titulado The Life and Death of the Fighting Bull. En 1982 publicouse o libro póstumo Galicia: terra, mar e xentes, con 161 fotografías.[5]

No ano 2015 o Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura organizou unha exposición monográfica sobre o fotógrafo baixo o título José Suárez, uns ollos vivos que pensan.[6] A exposición percorreu posteriormente varias cidades, Nova Deli, A Coruña, Madrid, Buenos Aires, París, Toquio e Salamanca.

Obra editar

  • 50 fotos de Salamanca (1932)
  • La Mancha (1965)
  • The Life and Death of the Fighting Bull (1966)
  • Galicia: terra, mar e xentes (Edicións Xerais, 1982)

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Sougez, M. L.; Pérez Gallardo, H. (2003): Diccionario de historia de la fotografía. Madrid, Ediciones Cátedra. ISBN 9788437620384.
  2. 2,0 2,1 López Mondéjar, P. (2005): Historia de la fotografía en España. Fotografía y sociedad desde sus orígenes hasta el siglo XXI. Barcelona, Lunwerg editores. ISBN 9788447851927. Páx. 263 e 440.
  3. Sougez, M.L.; García Felguera, M.A.; Pérez Gallardo, H.; Vega, C. (2009): Historia general de la fotografía. Madrid, Ediciones Cátedra. ISBN 978-84-376-2344-3.
  4. La Mancha. Ficha do libro (reedición de 2005) na web do Instituto Cervantes.
  5. "Rafael Dieste: una visión literaria y ensayística de Galicia" Arquivado 24 de novembro de 2015 en Wayback Machine., artigo en ABC, 30 de xaneiro de 1982 (en castelán).
  6. "José Suárez". josesuarez.cidadedacultura.gal. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 2020-04-08. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar