Xosé María Barreiro

xornalista e escritor galego
(Redirección desde «Xosé María Rodríguez Barreiro»)



José María Rodríguez Barreiro, coñecido como Xosé María Barreiro, nado en Baiona o 28 de xuño de 1871 e finado no mesmo concello o 23 de novembro de 1923, foi un xornalista e escritor galego.

Infotaula de personaXosé María Barreiro

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) José María Rodríguez Barreiro Editar o valor em Wikidata
28 de xuño de 1871 Editar o valor em Wikidata
Baiona, España Editar o valor em Wikidata
Morte23 de novembro de 1923 Editar o valor em Wikidata (52 anos)
Baiona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , escritor Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioXosé María Barreiro Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
La Virgen de la Roca. Apropósito lírico.[1]

Dirixiu en Baiona os periódicos El Valle Miñor (1902) e El Miñor (1904 a outubro de 1905). Foi redactor de Faro de Vigo. Escribiu o drama en verso Gente de Mar, estreado en Baiona en 1907, La Virgen de la Roca. Apropósito lírico en tres cuadros (1910)[1] estreado en Vigo en 1911 con música de Angel Rodulfo, e Un conto, diálogo en galego escrito para Hipólito Reguenga e Castelao. En 1910 dirixiu Heraldo de Bayona e en 1914 o periódico agrarista e anticaciquil El Pueblo, e participou no II Congreso Agrario Provincial de Pontevedra (1915). El Pueblo foi pechado en 1916 e José María foi condenado a catro anos de desterro por supostas inxurias a un crego. Axudado pola Sociedad Miñorana de Montevideo, emigrou a América, fundou a Casa de Galicia de Montevideo e dirixiu no Uruguai o semanario Tierra Gallega (1917), O Fungueiro (1918) e Galicia Nueva (1918). En Montevideo representou Gente de Mar, La Romería de San Roque, Pan Quente, comedia de costumes e varias veces a zarzuela La Virgen de la Roca. Tamén asinou algunhas das súas colaboracións co pseudónimo Franco del Todo. É tamén autor dun documental sobre costumes e paisaxes de Galicia en 1918. Gravemente enfermo, regresou a Baiona, onde finou en novembro de 1923.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Bouzón Gallego, Avelino (26/5/2015). "Libro sobre la zarzuela La Virgen de la Roca"

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar